Breizh no «Taboleiro do libro galego» (IV)


(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
O profesor e crítico Ramón Nicolás vén de publicar a cuarta entrega do «Taboleiro do libro galego» (IV) na súa bitácora Caderno da crítica para dar conta das vendas que rexistra a nosa literatura. Desta volta abrangue a quincena que vai do 16 ao 28 de febreiro, con datos fornecidos por 15 librarías galegas moi significativas.
O taboleiro inclúe os libros galegos máis vendidos na última semana e que, por operatividade, se clasifican por xéneros: NARRATIVA, POESÍA, ENSAIO-TEATRO, INFANTIL-XUVENIL, ÁLBUM ILUSTRADO e BANDA DESEÑADA.
E máis unha vez na listaxe dos libros de poesía figura o meu poemario Breizh (Toxosoutos, 2012), desta volta por detrás do poemario erótico de Elvira Riveiro Tobío e da edición ilustrada de Cantares Gallegos, o libro de Rosalía de Castro do que se conmemora o 150 aniversaio. Completan a listaxe dous poetas novos: a nosa amiga Rosalía Fernández Rial, unha poderosa voz que tamén é da Costa da Morte, e finalmente Ramiro Torres. Beizóns!
1º-. Carnia haikai, de Elvira Riveiro, Caldeirón.
2º-. Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, El Patito Editorial.
3º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.
4º-. Vinte en escena, de Rosalía Fernández Rial, Edicións Positivas.
5º-. Esplendor arcano, de Ramiro Torres, Grupo Surrealista Galego.

Esta entrada foi publicada en Poesía. Garda a ligazón permanente.