Breizh no «Taboleiro do libro galego» (I)


Caderno da crítica, a bitácora do profesor e crítico Ramón Nicolás vén de inaugurar unha nova sección denominada «Taboleiro do libro galego» para dar conta, con periodicidade semanal, das vendas que rexistra a nosa literatura.
Compráceme saber que o meu poemario Breizh (Toxosoutos) xa figura entre os libros de poesía que interesan a lectoras e lectores.
Velaquí a anotación previa que realiza Ramón Nicolás:
“A desinteresada e entusiasta colaboración destas doce librarías de toda Galicia, que arriba se citan (Casa do Libro, Á lus do candil, Librouro, Couceiro, Pedreira, Cartabón, Aira das Letras, Trama, Torga, Paz, Libros para soñar e Sisargas) e a cuxos responsables lles agradezo tanto a información como as matizacións que realizaron á iniciativa, son as que fan posible que naza hoxe unha sección [Taboleiro do libro galego] que ten como obxectivo, en esencia, contribuír na medida das súas posibilidades á difusión do libro galego, facendo valer un recurso como é o das listaxes dos libros máis vendidos, obtidas do cruzamento de datos que todas elas ofrecen e atendendo maioritariamente á presenza das novidades editoriais. Velaí os primeiros resultados dos libros galegos máis vendidos nesta última semana e que, por operatividade, se clasifican por xéneros.
NARRATIVA, POESÍA, ENSAIO-TEATRO, INFANTIL-XUVENIL, ÁLBUM ILUSTRADO e BANDA DESEÑADA
E velaquí a listaxe nos títulos de poesía:
POESÍA
1º-. Emily on the road, de Ramón Blanco, Acha Escrava.
2º-. Monicreques, de Xosé Costas Currás, PEN Clube.
3º-. Inflamable, Samuel L. París, Positivas.
4º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.
5º-. Fase de trema, Lorena Souto, Espiral Maior.

Esta entrada foi publicada en Poesía. Garda a ligazón permanente.