(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Xa está no prelo e chegará ás librarías antes do nadal o meu poemario aínda inédito Breizh, que vai publicar a Editorial Toxosoutos na súa colección literaria Nume, que curiosamente inauguou o meu libro 42 décimas de febre. Daquela o seu director era o lembrado e chorado escritor Xosé Agrelo Hermo (1937-2006), que tratei e co que estiven nunha homenaxe que se lle fixo en Esteiro antes de finar, aínda que nesa publicación tivo moito que ver o poeta Paco Souto que nesa altura traballaba para a editorial. A día de hoxe o director é o filólogo ourensán David G. Couso, a quen agradezo a súa confianza na miña proposta poética.
En varios lugares desta bitácora, coma este, xa reproducín algúns poemas e tamén xa se falou do seu azaroso e desafortunado periplo editorial que agora chega á súa fin. E xa contamos aquí que a ilustración para a portada é da autoría do amigo Héitor Picallo. Alén dos haikus, o libro incorpora un Limiar escrito non hai moito por Xosé María Lema Suárez e un Prefácio do poeta portugués António Jacinto Pascoal (quen me convenceu en Coimbra para escribir un libro de haikus). O seu texto data de 2008, cando o volume ía ser publicado antes de se fanar o proxecto.
A xeito de aperitivo reproduzo un fragmento do primeiro deles, ese limiar que Lema Suárez intitulou «Na procura das fisterras atlánticas». Velaquí:
(…)
Miro Villar, poeta fisterrán de Cee, distíngueme coa encarga dunha introdución ambientadora deste seu precioso libro de ‘haikus’. Unha vez informado por António Jacinto Pascoal desta modalidade poética no seu clarificador Prefácio, tratei de me introducir nela a fondo; agora a ver se son quen, tamén, de escribir por algo e por alguén.
Gústanme os cadernos de viaxes, e por ese camiño enfocarei o meu escrito, máxime cando todos eses lugares que cita o poeta tamén os percorrín, en dúas ocasións coincidindo con el na mesma viaxe. A miña perspectiva será sen dúbida moito máis prosaica, pois fago mentes de que as musas Calíope e Erato me teñen negado os seus dons.
Miro e mais eu amamos as fisterras e arelamos visitalas todas, quizais por termos nacido no ámbito dunha delas –de aí a nosa condición de fisterráns in extenso-. En agosto de 2007 fixemos, xunto con outro medio cento de fisterráns de nación e de corazón, a longa peregrinaxe de dous mil e pico de quilómetros de Rens (Laxe) a Rennes (Bretaña), na procura de ‘grandes pedras’ e das estremas do País do Mar (Ar Mor / Armórica). Catro anos despois, en 2011, tamén a finais de agosto, volvemos coincidir na viaxe á fisterra británica, a península de Cornualles, co seu cabo Penn-an-Wlas / Land’s End como mascarón de proa, que queda máis preto do noso Fisterra (844 km) que do punto máis setentrional da Gran Bretaña (punta John Ó Groats, en Escocia: 1.349 km); 500 km de diferenza. Xa en momentos distintos, un e outro visitamos Irlanda, e lembro en particular a viaxe a Inishmore (illas de Aran) e Dunquin, punta do solposto da península de Dingle.
Os ‘haikus’ de Miro fixéronme recuperar a crónica que fixera (para min) daquela viaxe de 2007, e os títulos vanme servir de guía para evocar un por un todos aqueles lugares. Quizais premonitoriamente, ó día seguinte de entrarmos en Brezh / Bretaña, alguén nos quitou a Miro e a min unha foto ‘sous les remparts’ [a pé das murallas] da cidade de Gwenwed/Vannes, onde o poeta seica escoitou doces conversas procedentes dos labirintos nelas agochados. Eu, por deformación etnográfica, escoitara algareiras rexoubas das mulleres encofiadas que noutrora lavaban a roupa nos antigos lavadoiros públicos do río que bordea as murallas, lavadoiros que hoxe constitúen un dos principais atractivos turísticos da cidade. Quizais unha desas voces escoitadas polo poeta fose a do espírito de san Vicenzo Ferrer, que viñera morrer a esta cidade a principios do séc. XV despois de predicar por media Europa… sempre na variante valenciana do catalán, ¡e seica o entendía todo o mundo! O milagre da Pentecoste ó revés: os fieis e non o predicador son os que gozan do don de linguas.
(…)
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
- «Pondal, Martelo e López Abente subiron de novo aos Penedos», a crónica de Xela Cid do roteiro literario polos Penedos de Pasarela e Traba organizado polo Semescom
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta
Pingback: As crebas » Imaxes da presentación de Breizh
Pingback: As crebas » Breizh xa está a chegar ás librarías