Breizh no Diario Cultural da Radio Galega


Adoito escoitar moitas tardes entre as tres e as catro da tarde o Diario Cultural, que dirixe a poeta Ana Romaní na Radio Galega, mais por razóns laborais non o podo facer todos os días. Na edición de onte, mércores 13 de febreiro, o programa incluíu na súa emisión unha entrevista que me realizou a redactora e tamén poeta Xiana Arias para falarmos sobre o meu poemario Breizh (Toxosoutos, 2012).
De facerdes uso da «radio á carta» é posible escoitar o “podcast” de todo o programa aquí nesta ligazón. A entrevista, coa lectura previa dun dos haikus, vai do minuto 35:20 ao 40:00, aproximadamente, aínda que recomendo a escoita da totalidade do programa, de feito de continuardes aínda se fala da Obras Completas. Volume I de Roberto Vidal Bolaño que principiou a publicar Positivas.
E durante toda esta semana un haiku na miña voz (ben pouco radiofónica) serve para poñer ramo ao Diario Cultural.

Esta entrada foi publicada en Entrevistas, Poesía, Presentacións. Garda a ligazón permanente.