Breizh nas Fervenzas Literarias


(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
E ao xeito dun haiku, con brevidade e concisión, así presentan o poemario Breizh (Toxosoutos, 2012) no andel de novidades da páxina de promoción da lectura Fervenzas Literarias, que dirixe Nacho Alonso.
Ao xeito dun caderno de viaxes, o poeta ceense Miro Villar lévanos a Breizh neste libro de haikus. Gwenwed, a illa de Gavriniz, Karnag… baixo a mirada poética deste amante das fisterras.
GAVRINIZ
Cruces, machados,
gravuras a saudaren
o adeus da morte.

Esta entrada foi publicada en Poesía, Presentacións. Garda a ligazón permanente.