(Ramón Nicolás coa súa obra Onde o mundo se chama Celso Emilio. Fotografía de M. Estévez para La Voz de Galicia)
Fago unha brevísima anotación para introducir a primeira recensión do meu poemario Breizh (Toxosoutos, 2012) que hoxe, 28 de decembro, apareceu publicada nesa bitácora amiga que sigo decote e que recomendo vivamente: Caderno da crítica, do crítico e profesor Ramón Nicolás, autor tamén dunha importante obra de ensaios e estudos literarios e que está de actualidade por esa magna (en todos os sentidos) biografía intelectual de Celso Emilio Ferreiro que vén de se publicar en Xerais con esa fermosa paráfrase no seu título: Onde o mundo se chama Celso Emilio.
O meu agradecemento para o amigo Moncho Nicolás pola difusión dos haikus de raigame bretoa, que sobardan a paisaxe física para se adentraren tamén na humana. Saúde!
Deseguida reproduzo o texto, que tamén se pode ler nesta ligazón.
Breizh, de Miro Villar
Enviado o 28 Decembro 2012
Miro Villar
Breizh
Toxosoutos, Noia, 71 páxinas, 12 €
Recibo, con ilusión e moita satisfacción, o último libro de Miro Villar titulado Breizh, que publica Toxosoutos, e non é menor nin a ilusión nin a satisfacción que me envolve logo da súa lectura. As razóns son de diversa índole e debullo agora só algunhas delas.
Sabía, por diversos motivos, da querenza de Miro Villar pola fórmula dos haikus, mesmo coñecía algúns deles que o profesor ceense chegara a me enviar xenerosamente para formar parte dun libro de homenaxe a Lueiro, aínda non nato pero que agardo este vindeiro 2013 poida, finalmente, ver a luz. Aquelas probas, mesmo olladas individualmente, facían pensar na excelencia que o autor acadara nesta formulación poética, algo que non é nin doado nin tampouco sinxelo.
Incorporados aqueles textos, xunto con bastantes outros, a este Breizh cobran cabal sentido pois o poemario articúlase como unha viaxe onde cada verso, cada haiku, supón un avance que percorre un territorio físico, xeográfico, inclusive identitario, mais tamén persoal, singularizado e privativo do autor. Ao reseñador, neste caso, quédanlle moi poucas cousas que dicir pois o volume vén precedido por unhas páxinas limiares, ao meu ver de lectura obrigada, que informan, clarexan e dispoñen a lectura de tal xeito que todo o que se engada aquí non sería orixinal nin sequera preciso. As primeiras reflexións subscríbeas Xosé María Lema Súarez, que se responsabiliza, alén de subliñar a condición fisterrá do autor, de revelar as fontes de inspiración de Villar evocando, asemade, esa singradura compartida cara a descuberta de novas fisterras, espazos tripados no seu día por Castelao, entre outros, e agora revividos e ollados literariamente desde outras perspectivas.
De filiación máis estritamente literaria sorprendeume o prefacio que subscribe António Jacinto Pascoal pois, particularmente, as súas reflexións parécenme das páxinas máis brillantes, documentadas e asisadas que lin nos últimos tempos arredor do haiku, da súa tradición ou da relevancia que cobra o proceso creador entre outros aspectos; reflexións que recomendo vivamente para quen lle interese o xénero e a práctica dos haikus, ademais de diseccionar, como é lóxico, os poemas de Miro Villar dos que subliña que captan «a tonalidade efémera da matéria poética deste género literário», rastrexando a «abundante sugestão de imagens de perda e despedida (…) que reflectem o desamparo da condição humana».
Miro Villar consegue con este Breizh, particularmente, volver interesarme polo xénero. Os seus poemas, exhibindo un dominio técnico extraordinario, destilan esencialismo, instantaneidade, sensibilidade, espiritualidade e reclaman lecturas suxestivas, golpes na conciencia máis alá do puramente paisaxístico, máis alá do escrito. Ao meu ver, un volume no ronsel do gran Novoneyra e doutros poetas que transitaron polo xénero con gran fortuna. Talvez un dos grandes libros deste ano. Parabéns!
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta