Continúan as achegas sobre o arquitecto Domingo Antonio de Andrade (nado na miña vila de Cee en 1639). Xa falamos aquí da exposición que aínda está aberta no Museo do Pobo Galego baixo o título «Domingos de Andrade. Excelencia do barroco», conmemorativa do 3° centenario do pasamento do arquitecto e comisariada polo noso amigo Manuel Vilar Álvarez, autor tamén do artigo “Domingos de Andrade: o bardo da pedra” publicado no dixital terraetempo.
Domingo Antonio de Andrade tamén está a ser protagonista da publicación dunha serie se artigos do historiador e Técnico de Cultura do Concello de Cee, Víctor Castiñeira e publicados no dixital quepasanacosta.
Desta volta, o amigo Xosé Ramón Rey Senra, historiador local e bibliotecario da Biblioteca Municipal “Francisco Mayán” de Cee, quen está a atesourar un importante fondo local sobre a nosa vila e a nosa comarca, exhuma un texto do poeta Bernardino Graña, tirado do seu pregón nas Festas da Xunqueira do ano 1987. Hai uns días ensinoume o orixinal e ao telo nas miñas mans lembrei que tamén eu debo conservar o folleto impreso, mais non o atopei no meu voluminoso arquivo. Animeino a enviarllo á prensa e agora foi publicado pola edición comarcal de La Voz de Galicia. Reproduzo deseguida por completo a introdución de Xosé Ramón Rey Senra e os parágrafos escritos polo poeta Bernardino Graña.
Bernardino Graña lembrou a Domingo Antonio de Andrade no pregón da Xunqueira de 1987
O poeta de Cangas do Morrazo cualificou ao arquitecto ceense, mestre do barroco galego, de «verdadeiro bardo da pedra»
José Ramón Rey Senra
Con motivo do terceiro centenario do pasamento de Domingo Antonio de Andrade, mestre do barroco galego nado en Cee, publicábase neste xornal o artigo «Cee descubriu a Domingo Antonio de Andrade no 1941», no cal mencionaba os actos ou manifestacións máis salientables para lembrar a figura de tan insigne artista, acontecidos na súa vila natal e que culminarían co levantamento dun monumento e coa atribución do seu nome a unha rúa da vila o 11 de agosto de 1990.
Pero remexendo entre a diferente documentación do fondo local da Biblioteca Pública Municipal Don Francisco Mayán do Concello de Cee, atopeime co pregón das festas da Xunqueira do ano 1987 que deu Bernardino Graña Villar (Cangas do Morrazo, 1932), poeta e narrador, articulista, ensaísta en numerosas publicacións, impulsor do Pen Clube de Galicia e primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Neste pregón, o xenial vate, entre outras moitas cousas, recórdanos e achéganos dunha maneira sublime á figura de Andrade. Este acto tamén contribuíu a descubrir e divulgar a figura do artista entre a veciñanza.
E considerando que as palabras pronunciadas por Bernardino non deben ser esquecidas pola súa importancia documental e literaria, véxome na gozosa obriga de transcribilas aproveitando os distintos actos que se están a celebrar, tanto en Cee como en Santiago de Compostela, en torno á figura de Domingo Antonio de Andrade.
Velaquí un extracto fundamental e significativo do pregón das festas da Xunqueira de 1987 que pronunciou Bernardino Graña que axuda a acrecentar a bibliografía sobre o arquitecto céense Domingo Antonio de Andrade:
«A pedra, o que parece máis corpo, e corpo duro e impenetrable, é en Galicia un marabilloso condutor ou transmisor de espírito, de fluxos divinos e imponderables.
Galicia está chea de pedras máxicas, pedras sagradas, pedras espirituais que receben e dan espírito: cruces de pedra, igrexas, dolmens, mámoas, casas, castelos… Pedras cheas de Historia. Historia que é a nosa vida do pasado, do presente, forza e impulso para entrar firmes e seguros no futuro. Pedra tamén que recebe e dá arte e inspiración. Dígao senón Domingo Antonio de Andrade coas súas admirables, inspiradas, gráciles obras en pedra, como a Torre do Reloxo da Catedral de Santiago de Compostela, así como o Pórtico Real na Praza da Quíntana, a Sancristía do Cabildo, aparte de edificios que el realizou no Convento de Santo Domingo de Bonaval, a Casa da Parra, e tantas outras estupendas, artísticas construcións. E non esquezamos os seus deseños e obras en madeira. Non esquezamos, sobre todo, o sentimento aéreo, barroco, froiteiro deste esgrevio ceense nas súas obras arquitectónicas. As formas cupuliformes, os pináculos, as bolas, as cartelas, os mútilos, as carátulas e tantos detalles ornamentais que el introduce son unha maneira de converter o macizo da materia pétrea en vexetación e canto inmaterial que se eleva e nos eleva. Resulta así un verdadeiro bardo da pedra, e moi galego por ser barroco entre nós, foi inventado polas vizosas e sagradas carballeiras, polas súas follas multicurvilineas e polo intrincado labirinto da enramada e do seu chan nutricio, buligante de vermes, insectos, paxaros.
Estamos certos, convencidos e contentos de que Domingo Antonio de Andrade aprendera tal elevación, tal grandeza e sentido poético e froiteiro grazas a ser fiel ao seu ámbito, á súa orixe ceense. A alma do bardo, como dicía Eduardo Pondal, o que cantou o río Xallas e dolmens e horizontes grandiosos desta zona, pensa en cousas grandes, ousadas, en érxicas, elevadas: “As almas escravas de ideas non grandes -dixo- van pensando mil cousas (…) molentes e infames”.
E logo engade:
“Mais a alma do bardo / enérxica, ousada / que audaz liberdade / tan só soña e ama, / vai pensando en propósitos férreos /que erguerán a patria”.
Erguendo torres como a Berenguela, indubidablemente, Domingo Antonio de Andrade foi un arquitecto-bardo e foi un erguedor da patria galega e da súa patria-ponto de nacemento de Cee.
Aprendamos, como Andrade, destes paisaxes de harmonía do vexetal, o pétreo, o lumínico, o acuoso, o aberto ou aéreo, o puro e fiel á Natureza, e non aprendamos das almas escravas de baixos e momentáneos e egoístas intereses, pecuniarios, engolfadas, pervertidas, como diría Pondal en mil cousas molentes e infames».
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta