Arquivos do autor: crebas

«Canto de ausencia para Salvador García-Bodaño», un soneto na antoloxía Tempo de ausencia. Homenaxe a Salvador García-Bodaño

O Ateneo de Santiago organizou este pasado luns, día 19 de xuño de 2023, unha homenaxe ao seu presidente de Honra, o poeta e académico Salvador García-Bodaño, finado o pasado 7 de marzo. No desenvolvemento do emotivo acto, que se … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Poesía | Deixa un comentario

Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237

No último número, 237 (xaneiro, febreiro e marzo do 2023) de Grial. Revista Galega de Cultura, que desde hai días xa anda polas librarías, e tamén se pode adquirir desde a propia páxina da Editorial Galaxia, asino na habitual sección … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Poesía, Recensións | 1 comentario

Artigo en QPC (CII): Camariñas, Carnota, Cee, Mazaricos e Muros no libro Os mestres mortos daquel verán, de Narciso de Gabriel

Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro. Desta volta para honrar a memoria dos docentes costeiros asasinados polos franquistas e que se lembran no ensaio Os mestres mortos daquel … Sigue lendo

Publicado en Historia, Política, Recensións | Deixa un comentario

«Decembro de cegoñas», un ecopoema contra o cambio climático. Alguén que respira! VI Festival de Poesía para Corpo Principal

DECEMBRO DE CEGOÑAS É um saber mais vivo, um saber de ave: águia cegonha falcão, animais quase no fim como o lume destes dias. Eugénio de Andrade, Ofício de paciência (1994) * Camiñamos decembro, fálanos un vento ávrego sen a … Sigue lendo

Publicado en Poesía | Deixa un comentario

Artigo en QPC (CI): “a morte do sol en Fisterra”, un poema de Salvador García-Bodaño

Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro. Desta volta para honrar a memoria do académico e poeta Salvador García-Bodaño que nos vén de deixar e para lembrar as súas … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Biografía, Obituarios, Poesía, Roteiros | Deixa un comentario

70 minutos: Ricardo Gurriarán e Miro Villar analizan a figura de Florencio Delgado Gurriarán

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) dispoñibilizou na súa canle de youtube a gravación «70 minutos con Ricardo Gurriarán e Miro Villar» gravada a finais do pasado ano. Neste audiovisual, Ricardo Gurriarán e eu propio analizamos a figura de Florencio Delgado … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Efemérides, Entrevistas, Estudos literarios, Gravacións, Historia, Lingua, Memoria Literaria, Poesía | Deixa un comentario

Artigo en QPC (C): No centenario de dous poemas de Gonzalo López Abente na revista portuguesa A Águia

Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, que fai o número cen desde aquel primeiro artigo publicado en abril de 2016 e que se pode ler aquí. Desta volta … Sigue lendo

Publicado en Efemérides, Poesía | Deixa un comentario

Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2023

“JANDO” Abrazar aparellos e en terra que te abracen, recoller cabo e boia e en terra recollerte, escoitar os perigos e en terra que te escoiten, comprender os silencios e en terra comprenderte, dignificar suradas e en terra seres digno. … Sigue lendo

Publicado en Poesía | Deixa un comentario

No lanzamento do facsímile do Manifesto Máis Alá, de Álvaro Cebreiro e Manuel Antonio

Recuperamos no noso repositorio as tres crónicas publicadas na prensa dixital sobre o acto de lanzamento no fisterrán Hotel Literario Bela Fisterra, que rexenta o ceés Pepe Formoso, dun libro en conmemoración do centenario da edición facsimilar do Manifesto Máis … Sigue lendo

Publicado en Efemérides, Estudos literarios, Lingua, Manifestos, Poesía, Presentacións | Deixa un comentario

Aramados: os meus nove meses polos campos de concentración de Francia, de Manuel García Gerpe, no programa «Diario Cultural» da Radio Galega

A xornalista Belén Regueira, a quen agradezo a súa lectura e a súa atención, dedicoulle uns minutos no programa «Diario Cultural» da Radio Galega ao libro Aramados: os meus nove meses polos campos de concentración de Francia, de Manuel García … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Documental, Epistolarios, Historia, Memoria Literaria, Narrativa, Política, Radio, Teatro, Versións ou traducións | Deixa un comentario