Asasinado o cantautor Facundo Cabral


Esta mañá acordei e a primeira nova que me chega deixoume conmocionado ao saber que foi asasinado en Guatemala (“Un asesinato incomprensible“, como titula o xornal Página 12) o cantautor arxentino Facundo Cabral, cuxas cancións e letras poéticas moitas veces me acompañaron na viaxe da vida. Aquí deixo testemuño de dúas das súas mellores cancións, ambas e dúas teñen unha letra inesquecible. Que a terra che sexa leve, camarada da palabra.
No estás deprimido, estás distraído
No soy de aquí, ni soy de allá

Esta entrada foi publicada en Música, Poesía. Garda a ligazón permanente.