As mulleres, que len, son perigosas



(Muller a ler (1894), de Henri Matisse. Óleo sobre lienzo. 24.25 x 47.94 cm. Musée National d’Arte Moderne, Centre Georges Pompidou. París. E debaixo a portada do libro Las mujeres, que leen, son peligrosas, de Stefan Bollmann).
A lectura do fermoso Las mujeres, que leen, son peligrosas, de Stefan Bollmann, que publicou Maeva, inspirou estes versos que xa foron incluídos no poemario As crebas (Espiral Maior, 2011).
27
Novelas de aventuras
As mulleres, que len, son perigosas, seica, e ti xa non concibes a existencia sen libros desde aquela nenez feliz na biblioteca cando a balea branca Moby Dick era un soño do capitán Akhab e ti tamén soñabas con chamarte Ismael na cuberta do Pequod.
Ou Huckleberry Finn, Tom Sawyer, Sandokán, Kim, Miguel Strogoff, Marco Polo, Lord Jim, novelas de aventuras con mulleres caladas, con ou sen amor, presas do dedal e da agulla.
As mulleres, que len, foron sempre un perigo porque a necesidade de dar outra visión rebordou nos tinteiros e o téxtil fixo o texto e da manufactura naceron manuscritos.

Esta entrada foi publicada en Antoloxías, Arte, Fotografía, Historia, Lendas e mitos, Manifestos, Narrativa, Poesía. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta en “As mulleres, que len, son perigosas

  1. Lorena di:

    noraboa por valorar ás féminas deste xeito sendo home!
    moitos temen e envexan o potencial que ten unha muller, só polo feito de selo, e aínda máis se lee e escrebe.
    un saudiño

Os comentarios están pechados.