(Foto tirada do muro do historiador Luís Lamela. Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Xervasio Paz Lestón naceu en Serantes, aldea da parroquia de San Xulián de Moraime no concello de Muxía o 23 de outubro de 1898 e desembarcou en Bos Aires con tan só doce anos, pois alí chegou o primeiro de xaneiro de 1911. Converteuse nun emigrante que non regresou á Terra, de quitado de curtas estadías ao longo da súa vida, e o día que facía 79 anos, o 23 de outubro de 1977, a súa muller María Sara, cando acode a espertalo pola mañá, descobre que morrera durante o sono.
Porén ese afastamento xeográfico non o foi afectivo e aínda que tamén escribiu moito sobre a festa de San Xulián de Moraime, que exemplifica o respecto que lle merece o culto á imaxe do patrón da súa parroquia, foron as festas da Barca unha das temáticas recorrentes nos versos, dos que me ocupei na miña Tese de Licenciatura, A poesía galega de Xervasio Paz Lestón. Edición e estudo, publicada por Edicións do Castro en 1998.
O seu agnosticismo non foi impedimento para escribir media ducia de textos coaa festas na honra da Virxe da Barca coma eixo: ««Sábado da Barca» [Alborada, nº 128, xullo a setembro de 1945]; «Domingo da Barca» [Alborada, nº 139, xuño a setembro de 1948. Asinado co pseudónimo Buserán.]; «¡Qué festa a da Barca!», [Alborada, nº 143, agosto a outubro de 1949. Asinado co pseudónimo Bieito de Xallas.] –que relata a participación nunha festa anual da ABC de Corcubión na emigración en Bos Aires de persoas como Maruxa Boga, o actor Tacholas, os Moreiras e outros moitos xoldreiros–; «Nosa Señora da Barca » [Boletín. Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía, nº 11, outubro de 1930.]; outro intitulado tamén«Sábado da Barca» [Alborada, ???. Asinado co pseudónimo Gundariño.] e, finalmente outro «Domingo da Barca», un manuscrito no aparece, da man do autor, a data “1956” e que se debeu publicar sen localizarmos onde. A Barca aínda aparecerá citada noutros poemas, o que revela a importancia da súa iconografía para todos os muxiáns.
Nas composicións o poeta canta á Virxe da Barca, patroa de Muxía, coma se fose un romeiro máis que acode a ela. Todas elas amosan a devoción mariana enraizada na tradición popular. De feito, canta esta relixiosidade, intimamente unida á tradición, como unha parte fundamental do folclore popular. Agora ben, sempre aproveita os textos para evidenciar a súa actitude. Así, no poema Nosa Señora da Barca fai unha fermosa e detallada descrición dos romeiros que acoden á ermida e dos santos fervores e as ansias místicas que os moven, para logo lembrar nunha estrofa a aqueloutros que chegan ás romaxes de maneira pagá.
Cubertos de polvo dos vellos camiños
arriban a ermida da Virxen da Barca
devotos que veñen cumprindo promesas
que, acaso, fixeron en horas amargas.
(…)
arriban a Ermida coa i-alma alcendida
en santos fervores, en místecas ansias,
i elevan seus rezos con voces pregantes
que voan no tempro con trémulas alas)…
Y ao par dos romeiros que traen acesas
no fondo do peito as místecas lampras,
arriban aqueles que van ás romaxes
buscando o rebumbio das festas paganas.
Sobre o tema da paganía volve insistir novamente no poema Sábado da Barca, outro magnífico texto etnográfico que se abre coa reprodución dunha copla popular e que logo describe as condicións nas que se fai a romaxe nos primeiros anos da posguerra:
Viva sábado da Barca,
sábado da Barca viva,
coma sábado da Barca
non hai outra romeiría.
(Cantar do pobo.)
(…)
Hoxe non locen as roupas
dos tempos de Rosalía (…)
e quizás tampouco traen
as mesmas arelas místicas:
(…)
Tampouco veñen a pé,
camiña que te camiña,
(…)
Buques a vapor, motoras
de cen portos de Galicia
en letras de branca espuma
oracións paganas pintan
sobre o azul cristal das ondas
que se arrandean mainiñas.
(…)
Seus aparellos festeiros
pieita o sopro da brisa
e recolle as relixiosas
oracións de paganía
rezadas pol-os pandeiros
no linguaxe das ferriñas…
O acento antifranquista que xa se intúe no último poema do anterior apartado vaise facer moito máis evidente en Domingo da Barca, que relata a romaxe de 1948. Aquí, o eu poético aínda incide na dualidade existente entre as persoas que celebran a festa relixiosa e a profana, só que agora, xunto a esta apreciación sobre a propia celebración da romaxe, aparece outra idea cimeira que ten a súa cerna na situación de sometemento na que se atopa a Terra baixo a ditadura de Franco. Unha vez máis, aquí temos os versos de máis interese:
Doce de setembro corenta oito,
domingo da Barca.
Pras xentes que creen, festa relixiosa;
pras outras, profana.
Pero para todos, creintes i ateos,
festa renomada,
festa lexendaria.
(…)
Doce de setembro do corenta oito.,
domingo da Barca:
día de amarguras, de tristes recordos;
día de arelanzas
para os desterrados, ateos ou crêntes,
que soñan ver libre sua Terra aldraxada…
(…)
Hai pranto nos ollos;
hai fame nas caras.
¡Agochan os peitos sanguentes rencores
i hai odio nas almas!
Moito máis contundente aínda é noutro texto máis curto que tamén leva o título de Domingo da Barca e que remata con estas dúas estrofas:
Esquécese a fame
i a vil tiranía,
somente se pensa
na gran romeiría.
¡Ai! cómo quixera
chegar a Muxía
un día da Barca…
¡sin a tiranía!
A análise destes poemas suxire aínda moitas interpretacións artísticas, culturais, etnográficas, históricas, literarias.., mais para lle poñer o ramo a esta longa anotación reproduzo ao completo un dos textos referidos. Velaquí:
Nosa Señora da Barca
Cubertos de polvo dos vellos camiños
arriban a ermida da Virxen da Barca
devotos que veñen cumprindo promesas
que, acaso, fixeron en horas amargas.
Molladal-as roupas de azúes pingotas,
que espallan no ár os remos das lanchas,
tamén chegan xentes acesas de fé
que veñen por portos de vilas lonxanas.
Por ambos vieiros, en centos, en miles,
que hai tantos que levan delores na i-alma
e van en romaxe buscando consolo
ao pé da imaxen divina da Santa!
(Mulleres velliñas con fillos n’América,
rapazas de mozos que sirven en Africa,
soldados que volven de estar n-ese inferno,
doente que levan o corpo con lañas:
arriban a Ermida coa i-alma alcendida
en santos fervores, en místecas ansias,
i elevan seus rezos con voces pregantes
que voian no tempro con trémulas alas)…
Y ao par dos romeiros que traen acesas
no fondo do peito as místecas lampras,
arriban aqueles que van ás romaxes
buscando o rebumbio das festas paganas.
Por eso, Muxía rebule esos días
ao son dos pandeiros, tambouros e gaitas:
rechouchan as cunchas, voian cantareas…
i os mozos nas prazas bailan ribeiranas.
Tamén pol-a ría pasean as xentes
en raudas motoras, en gráciles lanchas
que vogan lixeiras coas velas tendidas
crebando o espello polido das ágoas.
…………………………………………………………….
Pasouse setembre do ano que corre,
¡cántos lembrarían a festa da Barca!…
que Dios nos deixe ir pro ano que ven
rezar unha salve na ermida da Santa.
¡Que Dios nos ampare con boa fortuna
i a Virxen Santísima nos sea abogada
pra volver aos lares donde trascorreron
os lonxanos días da feliz infanza.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta