As dúas páxinas inéditas do Principiño de Antoine de Saint-Exupéry


(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Moitas e moitos de nós achegámonos á lectura de Le Petit Prince (O Principiño ou tamén O Pequeno Príncipe que nos aprace máis) de Antoine de Saint-Exupéry nalgunha das moitas reedicións daquela tradución galega da autoría de Carlos Casares e que a Editorial Galaxia publicara en 1972. De feito, no actual catálogo aparece na colección «Árbore» (8ª edición en setembro do 2010) e nos libros da colección «Edicións especiais en capa dura» (2ª edición en setembro do 2012), unha edición especial para conmemorar os 30 anos da 1ª versión ao noso idioma feita por Carlos Casares.
Porén, agora sábese que existen dúas páxinas inéditas de O Principiño nun manuscrito autógrafo de Antoine de Saint-Exupéry, que non hai moito foron presentadas ao público por vez primeira vez desde a casa de poxas Artcurial, de París, que pretende a súa venda o día 16 deste mes de maio (así o conta o xornal Le Figaro). Nas dúas follas de manuscritas seica aparecen novos detalles do capítulo 19, coma a descrición dun personaxe inédito que é denominado “embaixador do espírito humano”, sendo a primeira persoa que atoparía o Principiño na Terra.
E coincide esta aparición co décimo aniversario da desaparición de Carlos Casares (9 de marzo do 2002), a quen os ruxe-ruxe literarios sitúan como autor a homenaxear no vindeiro Día das Letras Galegas do 2013.
Máis unha vez a literatura convértese en mercado ou peor aínda merchandising.
 

Esta entrada foi publicada en Contos, Historia, Infantil, Lendas e mitos, Manuscritos, Versións ou traducións. Garda a ligazón permanente.