As crebas, recensión de Miguel Sande


(Premer na imaxe para unha mellor lectura)
O escritor (tamén poeta) e xornalista Miguel Sande vén de publicar unha recensión do meu poemario As crebas este sábado 1 de outubro do 2011 no suplemento “Culturas” de La voz de Galicia, que non se pode ler na rede e só en papel (que reproduzo), baixo o encabezamento “O compromiso en Miro Villar”. Non é a primeira vez que Sande fala do meu libro, pois como dixemos aquí, na edición comarcal do mesmo xornal publicou tamén o artigo “Caión, na Laracha, no verán” e nos seus primeiros parágrafos hai referencias aos versos da miña autoría. Desta volta saliento estas xenerosas palabras: «Neste caso, ao meu ver, prevalecen a serenidade e a madurez, tamén a aprendizaxe, e o innovador, o moderno, está na expresión pola que opta Miro Villar. Versos longos, moito, case que tanto como parágrafos, matizados por un heptasílabo mesmo, un hendecasílabo. Así. E cando digo aprendizaxe falo de vida e de lecturas, digo mar; ese mar. De aí, As crebas».
(Miguel Sande)

Esta entrada foi publicada en Poesía, Recensións. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta en “As crebas, recensión de Miguel Sande

  1. Pingback: As crebas » As crebas, na listaxe de Miguel Sande no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia

Os comentarios están pechados.