As crebas presentouse o pasado sábado 11 de novembro en Malpica de Bergantiños, como xa se contou nesta bitácora. Daquela dixemos, pois, que o acto estivo organizado pola asociación cultural Caldeirón e que a asistencia non foi demasiado concorrida, mais resultou abondo acolledora. De mestre de cerimonias fixo o poeta amigo Paco Souto, secretario da entidade, quen fixo esta intervención que reproducimos tal e como prometemos.
Presentación
En primeiro lugar quero agradecer a presenza de todos vós e, por suposto de Miro, neste acto, e a seguir pídovos que disimuledes estas miñas palabras que non están guiadas pola crítica literaria senón pola amizade, a camaradaxe e, en todo caso, polo gusto lector, dunha obra, dun autor, fundamentais, ao meu entender, na literatura galega contemporánea.
OBRAS SON AMORES
A Obra de Miro Villar, que hoxe está connosco, é un camiño de coerencia tanto do punto de vista ideolóxico como formal. Unha lenta e segura evolución desde o máis clásico dos metros: o soneto de Ausencias Pretéritas (1992) ou as décimas de 42 décimas de febre (1994) para chegar á prosa poética de As Crebas (2011) , pasando por Abecedario da desolación (1998), co que obtivo o prestixioso premio Tívoli-Europa, Equinocio de Primavera (1999) e Gameleiros (2002) un fermoso libro de fotografías de Manuel Álvarez e poemas de Miro que retratan a vida dura das xentes do mar de A Guarda.
Por non falarmos da súa obra de literatuta infantil e xuvenil onde salientar as diversas aventuras de Carlota, a saber: Carlota, a marmota ( 2000); Carlota e a bota perdida (2003) e Carlota e a gaivota patiamarela (2006) ou O Nariz de Fiz (2009) ou aínda, o recente A cobiza do verme Noel (2011).
Non quero esquecer tampouco a súa obra ensaística, claramente adicada á proxección de autores da Costa da Morte ou daqueles outros silenciados pola sua atitude vital: Antoloxía poética de Gonzalo López Abente (1995); Unha lectura de O soño sulagado (1998); Roberto Blanco Torres. Orballo da medianoite (1998); A poesía galega de Xervasio Paz Lestón (1998); Indo para máis perto. A señardade no puño de Alexandre Cribeiro (2004); A roseira da soidade de Antón Zapata García (2005); Poesía galega completa e textos en prosa de Emilio Álvarez Blázquez (2005) e Ser auga, darse en auga. Antoloxía poética de Bernardino Graña (2010).
Obra comprometida, implicada, en diálogo permanente coa realidade próxima pero tamén cunha outra forma de entender o mundo.
AS CREBAS
SEREI TI
O eu poético -agás en poemas onde “ti” é manifestamente feminino, e aínda así teño as miñas dúbidas- fala de si propio en segunda persoa “…E ti ocultas o rostro sen palabras nin deuses, deixa agora que falen do mar as atadeiras”. Ese distanciamento permítelle deseñar un discurso menos íntimo, menos propio, menos lírico, menos eu. O que, sen dúbida, aporta un certo grao de obxectividade, de contemplación sobre a materia do poema “Repetirás os versos como a monotonía da chuvia nos cristais…”, “Escoitas nas ribeiras serróns e tronzadores e arrecendes outrora o po das serraduras…”
A CASA É SEMPRE UNHA RUÍNA
As referencias aos lugares da infancia, sexan exteriores “Mancaste como o Sol de febreiro dá en Gures e sentes o abandono na pel de Caneliñas, un lugar de cetáceos…” ou interiores “Debrúzaste a cismar, recordando a infancia, cando ningún cerrado coutaba os teus desexos, inocente como eras á culpa da intrusión.” confírenlle ao libro un certo ton elexíaco mais non comtemplativo. Non é un lugar ao que queiramos regresar “Aló vas transparente…”, antes son os muros derruídos dunha casa “construcións mariñeiras con solainas de area e argazos nas varandas…”, unha casa que xa non ten paisaxe, ás veces para ser alegoría “E aquela tiña un rostro de casa antiga e triste que soubeches que nunca volvería abrirse”. Son os panos na cabeza das mulleres de preto. A gripe dos avós. “Recordar sempre doe, porque aínda que laves con lexivia as sabas nunca branquea a dor que impregna cada engurra…”.
E LOGO A LITERATURA E NON SÓ
Sempre a literatura “As mulleres, que len, son perigosas,, seica, e ti xa non concibes a existencia sen libros desde aquela nenez feliz na biblioteca…” un séquito de sombras que pasean polos poemas sexan reais: Machado, Shakespeare, Lorca, Coetzee, Saramago, Cernuda, Homero, Lugrís, Mariza, Cortázar, Isadora Duncan, Miguel Hernández, María Zambrano, Marco Polo, Oscar Wilde, Beaudelaire… ou personaxes literarios e míticos: Ulises, Penélope, Adan, Lilith, Laertes, Hera, Robinson e Venres, Huckleberry find, Tom Sawyer, Sandokán, Kim, Miguel Strogoff, Lord Jim… A literatura é literatura mesmo cando non é “Pódese ser anfibio, non é literatura”
E XA MULLER, LIBERADA
As mulleres de Miro Villar son rebeldes, len, participan, actúan. Son a nai, ágrafa, Penélope que xa non espera. Muller ceiba “…Ergue indomable, libre, contra a farsa dos hábitos, o consuetudinario costume da obediencia.” É Lilith negando a inocencia ou Isadora Duncan que non se recoñece no espello. Unha máquina singer a coser as puntadas da historia.
UN CAMIÑO ENTRE IMSOMNIOS
O libro quero entendelo, antóllaseme, tamén, como unha xeira que vai desde o INSOMNIO I -poema 2 do libro- “…A resposta está na illa do insomnio que te acosa até deixarte seca, tal outono sen chuvia” ao INSOMNIO II -poema 31 e final- “Espertas na suor dun novo pesadelo na noite sen ruído de lúa impertinente e corren as formigas na cova dos teus ollos.” Para finalmente enfrontar o mundo “Respiras ben profundo, cómpre saír á vida”.
Eís a sentencia definitiva.
Déixovos xa coa palabra de Miro Villar, non sen antes lembravos a todos que…
cómpre saír á vida.
PACO SOUTO
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
- «Pondal, Martelo e López Abente subiron de novo aos Penedos», a crónica de Xela Cid do roteiro literario polos Penedos de Pasarela e Traba organizado polo Semescom
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta