As crebas, dúas breves recensións


(Premer na imaxe para unha mellor lectura)
Achego hoxe dúas breves recensións do poemario As crebas. A primeira, que asina o xornalista Xosé Ameixeiras, publicouse o pasado 9 de xullo no suplemento “Culturas” de La Voz de Galicia. Por razóns que descoñezo o devandito suplemento non se pode ler na rede, así que tamén podedes atopar ese artigo neste pdf. Ameixeiras remata a súa recensión con estas palabras: “É un poemario con visitas aos vellos mitos. Como en Equinoccio de primavera, Miro volve a Penélope, que nos dous casos «tece e destece», agora as fábulas mariñas. Ou as aventuras xuvenís, como as de Moby Dick. Aínda así, non é un poemario de derrota. «Recordar sempre doe…» pero «respiras ben profundo, cómpre saír á vida». É de esperanza”.
Por parte, souben por un amigo doutra brevísima recensión que se pode ler aquí, no blogue do poeta noiés Manuel Lopes Rodrigues, autor do libro Antítese nativa.

Esta entrada foi publicada en Poesía, Recensións. Garda a ligazón permanente.