(As imaxes das cabeceiras proceden de exemplares fotocopiados do fondo documental do antropólogo Manuel Vilar Álvarez a quen moito lle agradezo a súa cesión)
Veño de publicar unha nova colaboración con QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, desta volta para facer unha lembranza dunhas das cabeceiras históricas da imprensa da Costa da Morte. Velaquí o texto que tamén se pode ler nesta ligazón.
El Eco de Mugía (1902-1904). No 115 aniversario dunha cabeceira da prensa costeira
Algún exemplar recuperado polo antropólogo muxián Manuel Vilar Álvarez foi o meu primeiro achegamento ao quincenario El Eco de Mugía, que naceu hai 115 anos, en 1902, e que deixou de se publicar en xullo de 1904. Foi todo o descubrimento que me había ser moi útil cando elaborei a Antoloxía Poética de Gonzalo López Abente (Espiral Maior: 1995).
Un par de anos despois tiven que profundar un pouco máis no estudo do devandito periódico, cando principiei a traballar como bolseiro de investigación (rematada a carreira de Filoloxía Galego-Portuguesa) no proxecto do Dicionario da Literatura Galega, que publicou Galaxia, coa coordinación da crítica e profesora de Literatura Galega na USC Dolores Vilavedra, pois tiven a honra de ser un dos redactores que elaborou as fichas dos volumes II. Publicacións periódicas (1997) e III. Obras (2000). No primeiro volume o artigo sobre El Eco de Mugía é da miña autoría, aínda que por decisión editorial, que eu moito non comparto, as fichas non van asinadas polo autor da entrada de xeito que cada quen puidese responsabilizarse do texto que se publicou. Velaquí a miña achega:
«El Eco de Mugía. Periódico Independiente. Defensor de los intereses generales del partido judicial de Corcubión» así eran a cabeceira e o subtítulo deste xornal que apareceu en Muxía no ano 1902. Publicábase os días 15 e 30 de cada mes e o seu director-propietario era o poeta local Gonzalo López Abente. O último número do que temos constancia é o 42, do 15 de xullo de 1904, que se abre coa nova do falecemento de Xulia Abente Lago, nai do poeta, e unha esquela da redacción que cobren toda a portada. Gonzalo López Abente era o autor da maioría dos artigos, moitos deles asinados con pseudónimos. Con frecuencia o xornal publicaba contos ou poemas, cunha notable presenza da literatura en galego. Así, no número 21, do 13 de setembro de 1903, que sae canda as festas locais da Barca, hai numerosos poemas en galego asinados por Victorino Abente Lago, Aurelio Ribalta, Galo Salinas Rodríguez, Florencio Vaamonde, Francisco Tettamancy, Uxío Carré Aldao, Salvador Golpe e Víctor Castro Rodríguez. Ademais, reproducen o poema «A romaría da Barca» de Rosalía de Castro e publican un conto de Enrique Labarta Pose sobre o mesmo tema. Este relato vai suscitar unha interesante polémica nos números que seguen, pois é criticado polo párroco de Muxía que o consideraba difamatorio. Nos poucos exemplares conservados sobrancean as plumas de Víctor Castro Rodríguez e do propio director da publicación, que asina moitos poemas.
Malia non o precisar na anotación parece obvio que a desaparición de El Eco de Mugía coincide co pasamento da nai do poeta. Como datos a engadir a esa ficha, nomeadamente literaria, aínda se podería subliñar que foi o banqueiro e político muxián Manuel Miñones Barros (que anos despois foi alcalde de Corcubión e pai do deputado republicano José «Pepe» Miñones Bernárdez, asasinado en 1936) o principal mentor do periódico, malia que a alma mater como fundador, propietario e director foi como xa se comentou o poeta Gonzalo López Abente. E tamén se sabe que nos seus inicios mantivo algunhas polémicas por defenderen intereses políticos contrapostos ou diverxentes co periódico El Celta de Corcubión (1901-1902), como cita o noso investigador Luís Lamela na súa obra Pepe Miñones. Un crimen en la leyenda (1900-1936) (Edicións do Castro: 1991), de obrigada lectura como moitos outros traballos que levan o aval da súa sinatura.
Aínda que o xornal coruñés La Voz de Galicia e o compostelán El Eco de Santiago saúdan a súa aparición durante os primeiros meses de 1903, temos varios testemuños de que o primeiro número (ata hoxe ilocalizable) do quincenario El Eco de Mugía debeu saír en novembro de 1902, pois así o recollen senllas anotacións breves de La Idea Moderna. Diario democrático de Lugo, no seu núm. 3576 (20-novembro-1902) e na emigración El Eco de Galicia. Órgano de los gallegos residentes en las Repúblicas Sud-Americanas, no seu núm 402 (20-decembro-1902). Daquela será en novembro cando celebremos o 115 aniversario do xornal, do que por certo a monumental base de datos do proxecto Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia (http://biblioteca.galiciana.gal/gl/inicio/inicio.do) aínda non posúe ningún exemplar dixitalizado. E é unha tarefa que se debería realizar antes de que desaparezan os ben escasos que se conservan a día de hoxe.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta