(Imaxe tirada da páxina Camariñas. Ruta de los naufragios)
Veño de publicar unha nova colaboración con QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, desta volta para facer lembranza da «Efeméride: 120 anos do naufraxio do «City of Agra» e un poema de Antón Zapata García», que por certo é un testemuño que demostra o feito de que sempre houbo fortes temporais de mar e vento como os que vivimos nos tempos de hoxe ou se cadra aínda peores, ide vós saber. Velaquí o texto que tamén se pode ler nesta ligazón.
Efeméride: 120 anos do naufraxio do «City of Agra» e un poema de Antón Zapata García
O 3 de febreiro de 1897 produciuse no baixo Canesudo ou Negro, á entrada da enseada de Arou o naufraxio do barco inglés «City of Agra», cando navegaba con carga xeral desde os portos de Glasgow e Liverpool con destino a Calcuta para mercar elefantes, tigres, rinocerontes, serpes e outros animais para os zoos londinenses. Da tripulación (capitán e 71 tripulantes ingleses e indios malabares) faleceron 29 persoas. Moitos mariñeiros da localidade próxima de Camelle recibiron da coroa inglesa unha medalla coa inscrición «For Gallantry and Humanity. 3 february 1897» polo heroico salvamento de moitos dos náufragos. A compañía de Salvamentos fixo doazón da campá do barco á igrexa do Espíritu Santo de Camelle e nela figura a inscrición «City of Agra». Cfr. Baña Heim [1980: 31 – 56]. E Campos Calvo-Sotelo [2002: 392 – 408], “El «City of Agra»: A la búsqueda de animales salvajes para el zoo de Londres”, que data o naufraxio un día antes, o 2 de febreiro de 1897, corrixe a cifra de vítimas, 33 mortos (9 europeos e 24 indios), sinala outra inscrición nas medallas «For Gallantry and Humanity. Regina Britanicum» e fala dunha semana de naufraxios en Arou e Camelle, pois uns días despois ían ao fondo o noruegués Standard e o inglés Daylight. E iso que nesta altura xa funcionaba o novo faro de Cabo Vilán, que substituía o vello aínda en funcionamento cando o anterior naufraxio do Serpent.
Por parte, escritor Rafael Lema, autor das máis completas e sólidas investigacións sobre os naufraxios na Costa da Morte, tamén lanzou a hipótese do posible achado do lugar do enterramento dos náufragos do mercante «City of Agra».
Alén destas referencias, cómpre lembrar como este suceso inspirou a poesía de Antón Zapata García (Laxe,1886 – Bos Aires, 1953), que tamén poetizara o naufraxio do Serpent.
O poema intitulado «O afogado do “City Agra”» non foi compilado no seu único libro, A Roseira da Soidade (1954, e non 1953 como se adoita dicir), un volume póstumo que Zapata non puido ollar polo seu falecemento semanas antes de que saíde do prelo, aínda que o epistolario demostra a súa participación até o máis mínimo detalle na edición.
O texto está recollido no apartado II.2.2. Poemas dispersos (publicados en revistas e xornais) da nosa Tese de Doutoramento A poesía galega de Antón Zapata García. Edición e Estudo e aparecera no Galicia, Federación de Sociedades Gallegas, Bos Aires, no1157, 30 de setembro de 1951, sendo un dos últimos poemas que publicou, coa dedicatoria:
«Para ALFREDO BALTAR, / pol-o outo amor que lle tén / ao Mar e ao Idioma Galegos». Aparece datado polo autor: «Bós Aires, Setembro de 1951».
«O afogado do “City Agra”» é un longo poema narrativo que narra outra historia dun naufraxio nun temporal, xa no primeiro verso di “Houbera mar de fondo a sete mares”. Polo título e polos versos sabemos que se trata do “City of Agra” (Agra é unha cidade da India, na que se atopa o mausoleo do Taj Mahal, naquela altura aínda era colonia inglesa), mercante británico que embarrancou nos baixos de Camelle, cando o pai do autor era carabineiro. Ben sabido é que o naufraxio foi un suceso verídico, polo que tamén debe ser certo que o poeta debeu acompañar a seu pai na procura do cadáver dun afogado deste barco que deixaran “uns pescos de Fisterra” ao morrerlles a bordo por hipotermia despois de o rescatar do mar. Quedou esquecido en Laxe, como sinala o poema na derradeira estrofa.
O AFOGADO DO “CITY AGRA”
(I)
Houbera mar de fondo a sete mares
con forte nordesía, espenuxado,
pois derrubóu valados e petriles
e ás lanchas fixo anacos.
Nos baixos de Camelle, o “City Agra”
—un trasatrán ingrés embretemado—,
atopara unha foxa verdenegra,
no fondo, antre os algazos.
Fuxiran, dende a vaga, catro días,
e inda couceaba o mar, rebranquexando
coma se lle ferveran sulfataras
ou escumas do Facho…
Non se vían pandorcas nin pardelas,
aros, piras, petreles nin mascatos…
¡Tan soio os corvoransos e gaivotas
berraban seus presagos!…
(II)
Do posto dos gardiáns carabiñeiros
meu pai tiña o comando,
anque soio sortéabanse por regra,
de nuite, no despacho:
Poucas vesces as praias de Soesto,
de Traba e Laxe, ollaron
as parellas dos máusers e capotes,
e os ros, avesullando…
Soiamentes, nas noites moi sereas
Do meiguicento vrao,
rebrilaban as bocas dos fusiles
cal vagalumes tráxicos…
Con temporal, a costa defendíase
c’os tombos, a poutazos,
contra quen pretendera algún alixo,
seu vixilar bulrando…
(III)
—Vas vir comigo, deica ao Preguntoiro
que hai un home afogado—
eisí, nomáis, moi séreo, meu pai díxome,
meus ollos fixo ollando…
—Antre o Carreiro e a posta devandita,
arrentes d-un valado
—engadía meu pai, medindo as verbas—,
paresce que o deixaron
uns pescos de Fisterra, que correron
o temporal do sábado
deica a Malpica, e, dempóis, de volta,
recolleron o náufrago;
mais, axiña, morréuselles abordo
por non poder quental-o:
¡non tiñan cobertores, pan, nin lume,
nin un pouco de caldo!…
Esta mañán, cando ía abril-a porta,
alcontréi ises datos,
moi mal escritos, n-un papel d-estraza
que puxeron por baixo…
Haste de vir comigo —repetía—
moi logo hemos topal-o,
porque é preto o lugar, que ben coñeces,
e son sinxels os datos…
E alá fomos os dous, falando d-el-o,
aluburando o paso
pol-o camiño estreito d-unhas hortas
que dinlle: “Agra de Abaixo”.
(IV)
Sóbor das hirtas pedras do sendeiro
que bordexa ao peirao,
de súpeto, atopámol-o difunto
de azues ollos cándidos,
que, quizabes, tal ves, ficaban ríxidos
por mor de algún espanto,
ou a espera do ausilio miragroso
de deuses iñorados…
Vestía pantalón azul mariño;
era roxo, penllado;
tiña posto o chaleque salvavidas,
e os pés tiña descalzos.
Uns fondos arrabuños nas meixelas
—¡parescían sangrando!—,
relembraban ás unllas dos canouros,
os cans do mar alarbios…
—¡Probe mozo!— ollándoo, tristemente,
meu pai dixo, moi baixo,
namentres que a congoxa me afogaba
e os ollos se mollaron…
Despóis… despóis… a procisión das xentes
do rexo porto artábrico:
Todo o povo pasóu a ollal-o morto…
houbo choros… salaios…
(V)
N-un alpendre, dadentro de unha cerca
—¡eu vin-o, meu coitado!—,
os médicos da vila, o probe corpo
lle abriron, xa abüado…
Como tiña tatuaxe tod-ó peito
e, no médeo, un triángolo,
non quixo darlle o crego cristián terra…
¡e n-un horto enterráron-o!…
Do CONSULADO ingrés xamáis se soubo
que algún viñese a ollal-o…
¡Probiños, os coitados mariñeiros!…
¡¡¡—Probes, os afogados!!!… //
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Os artigos literarios de Baldomero Cores Trasmonte no diario vespertino La Noche», en Grial 243
- Lectura no Pico Sacro do poema “Apuntamentos para unha «Alba de Groria»” no Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Novembro 2024 (1)
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta