Hoxe, 25 de novembro, é unha data sinalada pola asemblea xeral da ONU como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que sempre nos debe levar á reflexión e á mobilización colectivas. Nese senso veño de publicar unha nova colaboración con QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, co título «Poesía (necesaria) contra os feminicidios», na que realizo unha recensión do poemario [Obituario] de Rocío Leira. Velaquí o texto que tamén se pode ler nesta ligazón.
Poesía (necesaria) contra os feminicidios
[Obituario]
Rocío Leira
Negreira: Concello de Negreira, 48 páxinas
A primeira obra poética individual de Rocío Leira (A Pereiriña, Cee, 1979), logo da súa novela curta Universo Pitágoras (Biblos, 2013) e do conto infantil O becho que quería comer á avoa (Galaxia, 2015), chega co aval de gañar o IV Premio de Poesía que leva o nome do poeta negreirés Xosé Manuel López «Ardeiro» e leva por título [Obituario].
O libro, con Limiar do crítico literario Ramón Nicolás e cuberta ilustrada por Héitor Picallo, está editado polo Concello de Negreira, co apoio da secretaría xeral de Política Lingüística, porén as bases do certame só contemplan unha tiraxe reducida, da que se lle fai entrega de 150 exemplares á gañadora. Este feito e a escasa visibilidade, por mor dunha inaxeitada distribución, converten este poemario en marxinal como adoito sucede con outras obras poéticas da nosa literatura. E abofé que é unha mágoa que isto aconteza, nomeadamente con esta obra que acolle un discurso poético contra os feminicidios, unha doenza de sempre dolorosa e triste actualidade.
A construción do libro alicérzase nun percorrido cronolóxico que vai dende o 12 de xaneiro de 2015 até o primeiro de novembro dese mesmo ano. Son 41 poemas que testemuñan con nome e apelidos (ás veces só co nome ou coas iniciais e en tres casos con datos descoñecidos) a outras tantas mulleres reais que morreron por violencia sexista no estado español durante eses dez meses, de maneira que a data do seu feminicidio, o seu nome, a súa idade (a máis vella de 71 anos e a máis nova de 22) e o lugar do seu asasinato conforman o encabezamento de cada poema, coa veracidade duns datos tirados da prensa e que poden semellar fríos mais que converten esa friaxe en desacougantes evidencias do terror exercido contra mulleres de calquera clase ou condición.
Na maioría dos textos a autora opta porque a voz poética sexa a primeira persoa das propias mulleres asasinadas, nun exercicio de se situar (e de nos situar) nos seus pensamentos e nas súas reflexións íntimas antes de seren vítimas das súas parellas, a quen se dirixen nun diálogo xordo, mesmo interpelándoos con preguntas retóricas sobre as sempre inexplicables razóns da violencia ou anticipando desde o medo un funesto final: «Caio dentro do sono, premeditando / o instante exacto / no que hei de morrer».
En moitos menos textos ese suxeito devén nunha voz colectiva feminina, aínda que o contido non se afaste dos anteriores. A única excepción á voz das mulleres prodúcese no poema datado o 3 de maio de 2015 no que a barbarie do asañamento contra a vítima fai que desta volta sexa un sarxento da garda civil quen narre en primeira persoa o macabro achado: «atopeina tendida, / moldeando un chan inmenso de leucocitos».
Son versos tinxidos de dramatismo que as máis das veces describen o espazo físico das agresións como casa violenta, fogar atravesado ou directamente un inferno, mais tamén relatan a angustia da espera «tratando de averiguar / que agocha o teu rostro de veleno» ou o sufrimento en silencio. E así mesmo a deriva psicolóxica de moitas desas mulleres, que en ocasións desvelan un prometedor pasado en parella axiña transformado en espertar da besta: «Eu que nacín aberta ó entusiasmo (…) non sei como cheguei ser / muller / es / cin / di / da / do teu corpo».
Neste senso son varios os poemas que amosan a metamorfose producida desde unha iniciática relación de amor, mesmo idealizada e chea dunha tópica romántica, até a progresiva deteriorización. O breve poema datado o 27 de agosto de 2015 é unha boa mostra:
O noso amor pensou en ser ceo,
incluso mar,
pero só alcanzou a ser unha
caduca,
murcha,
podre,
podre podrísima mazá.
Rocío Leira é quen de converter a violencia machista das frías cifras estatísticas nun exercicio literario que busca reivindicar e perpetuar a memoria das vítimas, a única maneira de combater(mos) esa sensación de efémero acto de denuncia, como esas concentracións pouco numerosas que se suceden despois de cada feminicidio ou como o recanto que ocupan, cada vez máis pequeno e máis lonxe dos titulares dos noticieiros e dos xornais: «Mañá os diarios deitarán letras sobre os feitos / e en poucos días sobreviviranos / coma sosa cáustica, o silencio».
Sen unha linguaxe sobexo requintada, senón próxima do cotián, esta proposta poética necesaria que bate nas nosas conciencias incluso pode ser de moita utilidade para xerar actividades didácticas nos centros de ensino arredor, e non só, do 25 de novembro, data aprobada pola asemblea xeral da ONU como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta