(Fotografías cedidas por © Jorge Parri)
Veño de publicar unha nova colaboración con QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, desta volta para recoller unha versión do texto que proferín no lanzamento do libro de poemas Adagio por outono de Modesto Fraga, onte na Feira do Libro de Cee. Velaquí o texto que tamén se pode ler nesta ligazón.
Adagio por outono, de Modesto Fraga
A XLI edición do Certame Literario de Vilalba que se convoca na capital chairega, nos últimos anos en parcería con Alvarellos Editora que publica os textos premiados, reafirmou a sólida bagaxe poética de Modesto Fraga (Fisterra, 1974) ao laurear o seu Adagio por outono, que chega dezanove anos despois da súa entrada no noso sistema literario.
Alicerzado en pequenos galardóns anteriores, 1997 foi o ano de graza e bautismo de fogo para o nume poético de Modesto Fraga ao gañar os premios Avelina Valladares e O Grelo, o primeiro pola obra Corpos paisaxe, que inxustamente non foi editada nesa altura, e o segundo con Do amor salgado, que tivo unha edición cativa do punto de vista estético e sen a penas distribución. Porén, o malfado destes inicios editoriais non puxo freo ao ímpeto do poeta fisterrán até conformar a día de hoxe un percorrido de longo alento, como recolle a autoantoloxía publicada en edición de autor Atlántica luz. Poesía mareira 1995-2015 (2015).
Esta apelación ao pasado non é gratuíta, pois o poeta arestora con moito máis oficio e cunha voz máis madura, retorna ao cultivo dos metros clásicos cos que se dera a coñecer, nomeadamente os sonetos. De feito Adagio por outono, que prologa Teresa Seara de maneira fulcral, está conformado por 35 sonetos divididos en tres partes e un intermezzo denominado «Pórtico» de catro poemas en verso libre, mais onde sobrancean hendecasílabos, heptasílabos e pentasílabos.
Non é de estrañar esta escolla porque o libro, que recolle nunha dobre páxina unha reprodución dos músicos no Pórtico da Gloria (século XII) e unha folla de carballo na portada, pretende realizar outra actualización dos principios literarios do Dolce Stil Novo, escola poética toscana da segunda metade do século XIII na que sobrancearon Guido Cavalcanti, Dante Alighieri, e moito despois Francesco Petrarca no seu Canzoniere, quen influíron en moitas épocas e literaturas posteriores.
Entre nós hai un bo número de poetas «dolcestilnovistas», aínda que salienta Darío Xoán Cabana, quen non só publicou varios libros con sonetos ao modo petrarquista, poñamos por caso o fermoso Amor e tempo liso (1987), senón que foi o excelente e premiado tradutor dos autores citados e doutras voces daquela época na Antoloxía do Doce Estilo Novo (Galaxia, 2004).
Unha das trabes dese modo de poetizar é a sublimación do amor e da persoa amada, que vai percorrer aquí toda a primeira parte «Sinfonía do corpo», catorce sonetos que se abren con «Alba de luz», a xeito de epifanía ou descuberta do amor, e que pecha coa dualidade «Ti + Eu: Nós» en reafirmación. E onde os versos espidos e mariñeiros («A nosa historia é un mar que non se acaba / alba e solpor de terras ben remotas») ornaméntanse con referencias artísticas e literarias, a Gioconda ou Mona Lisa de Leonardo da Vinci, a Ítaca de Ulises, Sherezade, o propio Dante e outras voces que se unen ao xogo intertextual con algúns versos da nosa poesía contemporánea, como sucede con Canto custa instalarse no amor!, que deu título a un libro de Xosé Leira López, ou coa súa propia, por exemplo no xeito de titular un dos textos coas coordenadas «8º 10′ 11” LN».
Os catro poemas libres do «Pórtico» transitan outra temática, a literatura de viaxes, e describen diversos espazos italianos, de preferencia os que teñen a ver con imaxes da Renacenza, e tamén portugueses (Coimbra e Lisboa). Entre elas navega tamén un verso d’Os Lusíadas, de Camões ou a obra de Sá de Miranda, ambos e dous extraordinarios sonetistas, así como A tragédia de Inês de Castro de António Ferreira. As diversas intertextualidades acompañan a tópica do carpe diem que se revela con forza: «Mentres todo renace / algo de nós habita no pórtico da vida».
Na terceira parte «Ao modo do Dolce Stil Novo» faise explícita a intencionalidade, que se abre coa cita a Dante, inclúe 14 sonetos en diálogo con outras obras artísticas, históricas e literarias que se sinalan ao pé de cada texto, sen seguiren orde cronolóxica. Nas primeiras o Pórtico da Gloria do Mestre Mateo, a Capela Sistina de Michelangelo, a Venere di Urbino de Tiziano e Mater Gallaecia de Luís Seoane; a nosa historia con referencias a Manuel Murguía, a Benito Vicetto ou á morte do Mariscal Pardo de Cela; na literatura europea a Divina Commedia de Dante e novamente Os Lusíadas de Camões e na nosa desde a primeira cantiga medieval Ora faz host’o Senhor de Navarra de Johan Soárez de Pávia ou Paiva até a Morgana en Esmelle da chorada Begoña Caamaño, mais tamén con Pondal ou con Cunqueiro. Son versos a evidenciaren ese atento lector, desde hai uns anos tamén esperto e experto libreiro, que hai en Modesto Fraga.
«Adagio, ma non troppo» é a última parte, sete sonetos que perseguen no descoñecido tempo futuro da existenxia a confirmación das palabras e dos acenos do amor sublime, con insólitas e singulares lembranzas, a poesía faise máis espida, máis íntima e máis achegada «como aquela canción das nosas vidas / que sabiamos case de memoria, de Pablo Milanés, lembras amor?».
E unha última anotación sobre este Adagio por outono para sinalar outra constante no quefacer do seu autor, aínda que máis atenuada desta volta, a perseveranza na incorporación e recuperación dun ricaz léxico mariñeiro que acompaña a linguaxe do erotismo como gozosa celebración.
MIRO VILLAR
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Os artigos literarios de Baldomero Cores Trasmonte no diario vespertino La Noche», en Grial 243
- Lectura no Pico Sacro do poema “Apuntamentos para unha «Alba de Groria»” no Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Novembro 2024 (1)
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta