(As dúas primeiras fotografías son de Manuel Vilar Álvarez e a terceira de Carmen López, cedida por Alexandre Nerium. Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
Deseguida reproduzo a nova colaboración con QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro. Desta volta é a terceira e última parte dese longo artigo que intitulei «A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (III)» e que tamén xa se pode ler nesta ligazón.
«A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María» (III)
En maio de 1995 quen isto asina partillou por primeira vez un acto público con Manuel María, malia termos coincidido xa algunhas veces con anterioridade e moitas máis con posterioridade, mesmo fóra do noso País nas Xornadas das Letras Galegas en Lisboa (que organizara en 1998 o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades). Foi en Muxía para presentarmos a miña edición literaria dunha Antoloxía Poética (Espiral Maior, 1995) de Gonzalo López Abente, que nacera por iniciativa do antropólogo muxián Manuel Vilar Álvarez e que se publicou nun convenio entre a editorial Espiral Maior, que dirixe aínda hoxe o poeta Miguel-Anxo Fernán Vello, e a alcaldía do concello de Muxía, daquela en mans do nacionalista Bautista Pose Paz. Os organizadores do acto combinamos en que era a persoa idónea para nos acompañar, pois o poeta chairego sempre tivo moito aprezo pola poesía de Gonzalo López Abente.
A edición comarcal de Carballo do xornal coruñés La Voz de Galicia, do mércores, 10 de maio de 1995, publicou unha información a toda páxina que incluía unha crónica do escritor Xan Xosé Fernández Carrera, co título «Recordo para un poeta esquecido», á que pertencen os seguintes parágrafos nos que se salienta a intervención de Manuel María.
Nunha tarde apacible na que o pobo transmitía tranquilidade, o pasado día 6 de maio, foi unha xornada importante no acontecer cultural de Muxía. O seu fillo máis ilustre, o poeta Gonzalo López Abente, recibiu un sinxelo, cariñoso e merecido homenaxe con motivo da presentación da súa Antoloxía Poética. Pero tanto esta sinxeleza, como a falla dunha divulgación informativa, non fixeron disminuír a relevancia do acto. Enxalzado, tanto pola presencia de poetas ilustres da nosa literatura actual como Manuel María, Miguel Anxo Fernán Vello ou Miro Villar, como pola importancia da publicación que se presentaba, que nos ofrece a posibilidade de achegarnos á obra do que foi un dos principais representantes da poesía da época das Irmandades, xunto con Ramón Cabanillas, Noriega Varela ou Victoriano Taibo.
O libro, como indica o seu título, representa unha selección da obra poética do poeta muxián, feita con rigor e minuciosidade por un poeta xove, pero gran coñecedor da obra de López Abente e da súa terra, como é o ceense Miro Villar.
Manuel María, que a pesares de ser de terra adentro coñece ben a obra do poeta muxián, despois de facer un percorrido histórico da súa época, dixo que López Abente tiña as características propias dos escritores da súa xeneración: escribir en galego, simpatizar coas ideas nacionalistas, viaxar por Europa e ter presente o entorno da súa obra. Segundo el, a igual que Manuel Antonio, podíaselle aplicar o calificativo de poeta do mar; pola grande presencia que este elemento ten na súa obra. Ademais, a súa vida estivo sempre marcada pola desaparición da súa dona ó ano de casar, como consecuencia dun parto.
(…)
Finalmente, cómpre salientar outros tres acontecementos de relevo que levaron a Manuel María a visitar a Costa da Morte. Os dous primeiros como celebración e o último como compromiso.
En xuño de 2002 acode ao IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños pois a comunidade educativa tomara a decisión de propoñer o seu nome para a biblioteca escolar. Non faltaron as referencias á poesía e á pintura do autor e o propio Manuel María estaría acompañado nesa xornada polo fillo, Urbano Lugrís Vadillo, tamén pintor.
Poucas semanas despois, en xullo acode a Fisterra para participar na clausura do curso da Universidade da Coruña «Aulas no Camiño», dirixido polos profesores e poetas Xosé Leira López e Rosa Méndez Fonte, que poñía remate a unha viaxe de 20 alumnos e alumnas cun recital poético celebrado no Faro de Fisterra e no que interviron os citados dous profesores e poetas, os fisterráns XoánAlberte Moure e Alexandre Nerium e o propio Manuel María.
E, por último, a raíz do desastre ambiental provocado pola marea negra do Prestige, Manuel María tamén fai parte dos numerosos intelectuais que se posicionaron abertamente contra a xestión do accidente e publica o artigo «Visións sobre a Costa da Morte» na súa sección semanal «Homes, feitos e palabras» no diario El Correo Gallego (15/12/2002), no que ofrece a súa persoal interpretación deste territorio e deixa entrever a súa pouca consideración cara a este topónimo, por moi pondaliano que sexa, que contrapón ao de «Costa da Vida».
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) en contra da marea negra promove en 2003 o volume colectivo Alma de Beiramar, cuxos beneficios foron dar na Plataforma cidadá Nunca Máis, e no que Manuel María participa co poema «Verbas ao mar» (Anexo VI) que leva a seguinte nota a rodapé: Antes da tráxica monstruosidade do “Prestige” e das precedentes. En efecto, aínda que estivo nalgunhas das mobilizacións nacionais, ferido pola enfermidade non escribe un poema inédito senón que permite a reprodución dun texto poético que xa se publicara no libro Mar maior (Vigo: Galaxia, 1963).
Os poetas do extinto Batallón Literario da Costa da Morte (entidade activa entre maio de 1996 e maio de 1999) recoñeceron o seu maxisterio nos seus propios versos. O que fora presidente da entidade, o fisterrán Alexandre Nerium, no seu libro Vogar de couse (A Coruña: Espiral Maior, 2003) publica dous poemas con pegadas do chairego (Anexo VII). No primeiro deles o seu quinteto vai introducido polos versos: Cheguei até Fisterra / fin do mundo / aquí / o tempo inmobilízase / e a vida comeza a súa / inexorábel conta cara atrás. Forman parte do poema «Fisterra», aínda que non se citan pola primeira edición reintegracionista senón pola testamentaria que Manuel María deixou na Obra poética completa II (1981-2000) (A Coruña: Espiral Maior, 2001). E no derradeiro verso do segundo poema de Alexandre Nerium, intitulado «Verbas para un mar escoso», que di textualmente: compendio de orballos de amarga deslembranza, hai un xogo literario coa obra Compendio de orballos e incertezas (Santiago de Compostela: El Correo Gallego, 1991).
Finalmente, outro membro fundador do Batallón Literario da Costa da Morte e autor do seu Manifesto, o ceés Rafa Vilar, lembra a súa memoria tamén noutros dous poemas (Anexo VII). No libro Migracións (A Coruña: Espiral Maior, 2008) co título «poeta Manuel» e na obra de poesía infantil Acuarelas (Vigo: Galaxia, 2009)] no texto intitulado «soños na gaiola» que se abre: soños na gaiola / que un día escacharon na tarde / na voz do poeta que do pobo era.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Os artigos literarios de Baldomero Cores Trasmonte no diario vespertino La Noche», en Grial 243
- Lectura no Pico Sacro do poema “Apuntamentos para unha «Alba de Groria»” no Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Novembro 2024 (1)
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta