Artigo en QPC (L): O Monte Corpiño, de Muxía, nun poema de Filomena Dato Muruais datado en 1894

Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, para recuperar un texto literario cadrando con que nos próximos días vai celebrarse a romaría da Barca, «O Monte Corpiño, de Muxía, nun poema de Filomena Dato Muruais datado en 1894». Velaquí o artigo que tamén se pode ler nesta ligazón.

O Monte Corpiño, de Muxía, nun poema de Filomena Dato Muruais datado en 1894

Nas Mariñas coruñesas entidades como a A. C. Irmáns Suárez Picallo, de Sada, ou Eira Vella, de Betanzos, manteñen desde a súa fundación unha encomiable actividade editorial, publicando textos de moito interese. A colección «Cadernos de Estudos Xerais» da primeira chega ao nº 12 co libro de divulgación Filomena Dato Muruais. A poeta das Mariñas, de Xesús Torres Regueiro, que se engade a outras obras sobre Díaz Castro, Blanco-Amor, Emilia Pardo Bazán, Manuel María, Ramón Vilar Ponte, Monterroso Devesa, García Lorca ou o uruguaio Julio José Casal, tan relacionado coa Época Nós, ou sobre personaxes históricas como o crego das Encrobas, Moncho Valcarce, o teólogo Espiña Gamallo, a heroína republicana Luísa Viqueira Landa e a pintora Maruxa Mallo.

Filomena Dato é unha autora pouco coñecida, malia aparecer sempre de xeito breve nas primeiras antoloxías da nosa poesía, nas historias da nosa literatura, nas compilacións feministas e mesmo estaren dixitalizados os seus libros pola RAG, Galiciana, a Biblioteca Virtual Galega, a Biblioteca Digital Hispánica ou o Arquivo Sonoro do Consello da Cultura. Jesús-Fernando Román Alonso publicou até hoxe a súa biografía máis completa Filomena Dato: a poeta galega de Entre Séculos (Ourense: Duen de Bux, 2009) que agora o historiador Torres Regueiro completa con novos datos.

«A obra poética» é o capítulo máis longo e debulla de maneira cronolóxica os seus cinco libros de versos, dos que só está na nosa lingua o terceiro Follatos (1891), así como a súa fortuna editorial na actualidade, onde a súa obra é accesible en formato dixital. En papel o único título en galego tivo reedición bilingüe en 2008 e outra facsímile recente da Deputación da Coruña. Torres Regueiro analiza os principais poemas e os paratextos máis significativos cando nos fornecen de información cultural e histórica relevante. Nesa esculca Follatos ocupa os parágrafos de maior interese, con dous poemas dedicados a Rosalía, ao escritor ourensán finado novo Camilo Placer ou a Sofía Casanova.

Porén, no seu cuarto libro Romances y Cantares (Ourense: Imprenta de A. Otero, 1895. Edición dixitalizada e de libre descarga na Biblioteca Digital Hispánica), no que compila dez romances e cento sete cantares en castelán, aparece o romance «A la cruz del Corpiño», datado en «Mugía, Monte Corpiño, Junio 26 de 1894». De considerarmos que a voz poética é aquí autobiográfica, os seus corenta versos octosílabos relatan a presenza da escritora no muxián Monte Corpiño para lembrar que os restos dos seus avós descansan nestas terras.

No apartado biográfico sabemos de seus pais, de seus irmáns e mesmo de seus curmáns literatos (Andrés e Jesús Muruais), mais nada de seus avós (maternos ou paternos?) e da causa de se atoparen neste lugar da costa muxiá, talvez náufragos de acreditarmos na literalidade dos versos. Velaquí o romance ao completo:

A LA CRUZ DEL CORPIÑO

Símbolo de paz bendito –
en cuyos brazos abiertos
hallan reposo las almas
y los pesares consuelo;
tú, cuyos pies el mar besa
con humilde rendimiento
y cuya sombra cobija
con santo amor á este pueblo,
al que venera mi alma
y rinde culto mi pecho
porque es la cuna querida
donde los mios nacieron,
dime, Santa Cruz sagrada:
¿dónde reposan mis muertos?
¿En dónde están las cenizas
de los que á tus pies murieron?
¿Ese mar que ha tantos siglos
besa tus plantas rugiendo,
sus venerandos despojos
guarda tal vez en su seno?
¡Oh, Santa Cruz! á tus plantas
todos reposar quisieron,
y eres tú el amparo santo
que buscaron mis abuelos
para dormir dulcemente
bajo tus brazos abiertos.
Los que del mar arrostraron
los furores y rindieron
á sus rigores la vida,
tal vez alzaron al cielo
una ferviente plegaria
rogando para sus cuerpos
un lugar aquí á tu sombra,
y el mar, quizá obedeciendo
su voluntad postrimera
y cumpliendo sus deseos,
trajo sus yertos despojos,
destrozados y deshechos,
á la playa que cobijan
tus dulces brazos abiertos.

Mugía, Monte Corpiño, Junio 26 de 1894.



Esta entrada foi publicada en Estudos literarios, Memoria Literaria, Poesía. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta