(Premer na imaxe para unha mellor lectura)
Máis unha vez reproduzo deseguida a nova colaboración con QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, a primeira parte dun longo artigo que desta volta intitulei «A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (I)» e que tamén xa se pode ler nesta ligazón.
«A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (I)»
A Terra Chá: poesía e paisaxe foi o título do discurso de Manuel María no seu ingreso como membro numerario na Real Academia Galega, para cubrir a vacante na cadeira de Marino Dónega Rozas a proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín (quen lle daría resposta), nunha cerimonia celebrada no auditorio municipal de Vilalba o 15 de febreiro de 2003.
A cerna daquel excelente texto de Manuel María estivo na lembranza da tribo poética que o antecedeu no territorio da Terra Chá, unha estirpe literaria da que quixo «dar breve noticia, dun xeito radicalmente subxectivo, e a todas luces incompleto, de como algúns poetas chairegos sentiron e expresaron a paisaxe da Terra Chá, da que nós somos parte inseparábel», para engadir, antes de disertar sobre a súa biografía e a sía obra:
«Na Terra Chá naceron moitos e bos poetas. E seguen nacendo. Debido á limitación deste traballo, que só nos permite enunciar o tema que tratamos, unicamente nos referiremos a poetas que xa non están entre nós e son argumento de eternidade. Dóenos excluír a Darío Xohán Cabana e, maiormente, a Miguel Anxo Fernán-Vello, que, a xulgar por algúns poemas seus publicados ultimamente, estanos a descubrir unha Terra Chá insólita e transcendente. Ninguén dubida que a Terra Chá é unha patria poética. Moitos dos seus poetas —entre eles, dos máis importantes e significativos, Xosé Crecente Vega, Aquilino Iglesia Alvariño e Xosé María Díaz Castro— estudiaron no Seminario Diocesano de Santa Catalina de Mondoñedo, onde adquiriron unha gran formación clásica e as esencias máis puras e fondas da latinidade. Eles trouxeron á poesía galega o engado das églogas virxilianas, o equilibrio horaciano, as escuridades das noites de Ovidio no afastado Punto Euxino e a saudade melancólica dos elexíacos. Para nós, os ritmos da paisaxe chairega son os mesmos que os dos hendecasílabos de Aquilino Iglesia Alvariño, música aprendida nos hexámetros de Virxilio.
Levamos anos sostendo que hai unha “Escola poética da Terra Chá”, con personalidade propia; e, dentro dela, perfílase nidiamente a que chamamos “Subescola poética vilalbesa”, á que pertencen, ademais doutros poetas menores, Xosé María Chao Ledo (1844-1894), Manuel Mato Vizoso (1846-1909), Antonio García Hermida (1885-1939), Carmen Prieto Rouco (1901-1977) e Xosé Luís García Mato (1924-1980)».
Calquera que coñeza a caudalosa obra de Manuel María terá constatado que o poeta chairego sentiu devoción pola Terra Chá e por moitos outros territorios da nación galega, como evidencian mesmo algúns dos títulos dos seus libros de poemas, alén do seu mítico Terra Chá (Lugo: Celta, 1954), poñamos por caso os abondo significativos Versos frolecidos en louvanza de Foz (Foz: Bahía, 1967); Cantigueiro do Orcellón (O Carballiño: A. C. Avantar, 1984); Cancioneiro de Monforte de Lemos (Monforte de Lemos: Concello de Monforte, 1990); Homenaxe ao regato do Cepelo (Ed. do autor, 1990); Poemas a Compostela (Santiago de Compostela: El Correo Gallego, 1993); Cantigas e cantos de Pantón (Pantón: Concello de Pantón, 1994); Poemas para dicirlle a dúas lagoas (A Coruña: Espiral Maior, 1994); O Miño, canle de luz e néboa (A Coruña: Espiral Maior, 1996) ou os Sonetos á casa de Hortas (A Coruña: Espiral Maior, 1997).
Porén, se callar polo seu tardío achegamento á súa paisaxe, a Costa da Morte e o seu territorio e os seus poetas, agás Eduardo Pondal, que a cantaron e que a habitaron non ocupan moito espazo na extensa produción literaria de Manuel María.
De quitado da obra pondaliá, que non imos referir por ser unha referencia obrigada en calquera autor contemporáneo, o primeiro achegamento de importancia prodúcese coa publicación do artigo «Recuerdo al patriarca de la poesía gallega. Noticia de Gonzalo López Abente», El Progreso. Lugo, 10 de agosto de 1963. O poeta de Muxía finara dúas semanas antes, o 23 de xullo, e Manuel María escribe unha longa necrolóxica, na que nos primeiros parágrafos sitúa a localidade costeira aos lectores do xornal lugués e reivindica a súa pertenza á «costa brava gallega», feito que revela un coñecemento profundo da obra abentiana, pois Gonzalo López Abente sempre rexeitou facer uso do topónimo Costa da Morte, popularizado desde os xornais da época. De feito, a día de hoxe as primeiras aparicións deste último están documentadas no coruñés El Noroeste, onde se utilizou no número do 14 de xaneiro de 1904, ao coincidiren tres naufraxios nas mesmas datas, un fronte á praia de Traba (Laxe), outro na enseada de Santa Mariña (Camariñas) e un terceiro á entrada do porto de Corcubión (1). Manuel María incardina a Costa da Morte nun amplo territorio e fala tamén de dous topónimos que se integran nese territorio: Bergantiños e Nemancos.
Nemancos, nome dun arciprestado que na altura abranguía as parroquias dos concellos de Fisterra, Cee, Corcubión, Camariñas, Muxía e parte de Vimianzo, xa que pouco tempo despois a Igrexa faría unha división eclesiástica deste amplo territorio en dous, Nemancos e Duio, foi tamén o título que escolleu Gonzalo López Abente para o seu último libro de poemas de pre-guerra, publicado na colección Nós, vol. XXVII, na Coruña (1929), e os motivos e a atmosfera da terra do autor xa se evidencian desde o propio encabezamento, alén de que o primeiro dos poemas é un soneto intitulado «Muxía» e o derradeiro é «A Arnela» que pecha o círculo da paisaxe costeira.
Deseguida Manuel María evoca no seu artigo unha brevísima biografía de Gonzalo López Abente, sinala o seu afastamento en Muxía lonxe dos círculos literarios, unha soidade a penas interrompida pola súa asistencia aos plenarios da Academia da que fora eleito membro numerario (xa era correspondente desde decembro de 1918) o 8 de decembro de 1940 e tomara posesión da súa cadeira o 27 de xullo de 1941.
En 1963, cando Manuel María escribe a necrolóxica, López Abente era unha referencia para os poetas da posguerra, xa que era o decano dos escritores galegos, despois de finar Ramón Cabanillas en 1959, e había un lustro que viña de publicar Centileos nas ondas (Galaxia, 1958), aínda que a súa feitura é evidentemente anterior, dentro da colección Trasalba, que en testemuño oral de Méndez Ferrín pagou Xaime Illa Couto.
Anotada a biobibliografía esencial de López Abente, Manuel María debrúzase sobre a súa obra poética, que analiza brevemente para rematar sinalando que co seu pasamento remata unha época da que o poeta muxián podería ser considerado o Patriarca.
(1) Cfr. Jesús Ángel Sánchez García (2013): «La leyenda de la Costa de la Muerte. Naufragios y faros como desencadenantes para la activación de un patrimonio marítimo». Sémata, Ciencias Sociais e Humanidades, ISSN 1137-9669, vol. 25: 59-92.
(Continuará)
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta