Aramados: os meus nove meses polos campos de concentración de Francia, de Manuel García Gerpe, no programa «Diario Cultural» da Radio Galega

A xornalista Belén Regueira, a quen agradezo a súa lectura e a súa atención, dedicoulle uns minutos no programa «Diario Cultural» da Radio Galega ao libro Aramados: os meus nove meses polos campos de concentración de Francia, de Manuel García Gerpe (Alvarellos Editora, 2020), unha novela-documento de memoria histórica autobiográfica que traducín para a nosa lingua.

A seguir vai a ligazón para escoitardes o programa que foi emitido o pasado mércores, 14 de decembro, e que aparece coa seguinte introdución.

http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-14-12-2022-5918506

Memoria en galego dos campos de concentración franceses

14/12/2022

Centos de miles de persoas fuxiron de España nos últimos meses da guerra civil e foron confinados en campos en Francia. Illote P Barraca 16 é o relato da experiencia nos campos de Santiago Rodríguez Salinas, escrito nos últimos anos da súa vida e do que falamos con Eduardo R. Cunha ‘Tatán’, un dos seus fillos.

Aramados. Os meus nove meses polos campos de concentración de Francia é o testemuño que o ordense Manuel García Gerpe publicou na Arxentina en 1941, recollido pola editorial Alvarellos e do que falamos co seu tradutor ao galego, Miro Villar.

Esta entrada foi publicada en Biografía, Documental, Epistolarios, Historia, Memoria Literaria, Narrativa, Política, Radio, Teatro, Versións ou traducións. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta