A escritora Eva Mejuto, a quen agradezo a súa atención, dedicoulle uns minutos no programa cultural «Zigzag Diario» da tvG2, que presenta Pilar García Rego ao lanzamento nestes días de Aramados: os meus nove meses polos campos de concentración de Francia. Manuel García Gerpe (Alvarellos Editora, 2020), unha novela-documento de memoria histórica autobiográfica que traducín para a nosa lingua.
A seguir vai a ligazón á escolla de libros que realiza semanalmente no «Zigzag Diario» a escritora Eva Mejuto dalgunhas novidades literarias. Na páxina web da tvG2 do pasado mércores, 11 de novembro aparece coa seguinte introdución.
A escolla de libros singulares pasa por unha autoedición dun ‘silent book’: ‘Que vén o lobo’, de Marcos Viso.
‘Aramados’, editado por Alvarellos e traducido por Miro Villar é un diario escrito polo xornalista e político Manuel García Gerpe, preso nun campo de concentración en 1939.
Finalmente recomenda un manual de ecoloxía doméstica: ‘Limpeza creativa’, editado por Catroventos que quere darlle a volta a hábitos cotiáns por alternativas ecolóxicas e saudables.