O xornalista Salvador Rodríguez asinou onte, 31 de xaneiro, nun dos suplementos dominicais do xornal vigués Faro de Vigo, un artigo coa epígrafe «El libro perdido del exilio español» para dar conta da publicación de Aramados, de Manuel García Gerpe, en tradución da nosa autoría.
Reproduzo deseguida o inicio do comentario (recollido na imaxe superior) de Salvador Rodríguez, a quen agradecemos as súas palabras, que as persoas subscritoras do xornal vigués poden tamén ler completo nesta ligazón.