Antón Zapata García, o poeta de Laxe (I)


A poesía galega de Antón Zapata García. Edición e estudo foi o título da miña tese de doutoramento de 1600 páxinas, dirixida polo profesor Xesús Alonso Montero. A raíz dese inmenso labor de rescate veño divulgando diversos traballos sobre o poeta. En 2008 publiquei o artigo “Rosalía de Castro na obra de Antón Zapata García” no número 3 da Revista de Estudos Rosalianos (pp. 173-197), que se pode ler aquí. Realizo unha análise da presenza de Rosalía na súa obra, despois dunha breve nota biográfica do poeta de Laxe. O estudo céntrase en dous poemas aparecidos en revistas da emigración bonaerense: “A Rosalía de Castro” en Suevia (1913) e “Rosalía de Castro” en Compostela (1941-1944) e Galicia (1952) [versión incluída no libro A Roseira da Soidade (1954), cuxa edición facsimilar editaron Xerais e o Concello de Laxe]. Alén diso anoto a pegada rosaliá noutros fragmentos de poemas e nos diferentes actos públicos do poeta na colectividade galega, así como na prosa en castelán e no epistolario co fotógrafo José Vidal García en 1935 ou Xosé Filgueira Valverde en 1936. Finalmente, un anexo compila os poemas onde aparece Rosalía.

Esta entrada foi publicada en Estudos literarios, Poesía. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta en “Antón Zapata García, o poeta de Laxe (I)

  1. Pingback: As crebas » No 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (II)

Os comentarios están pechados.