#anotación1001 Sorteo de dous exemplares asinados do poemario Gameleiros (2002), con fotografías de Manuel Álvarez

Gameleiros
E para celebrarmos que esta bitácora acadou as mil anotacións ou artigos, esta #anotación1001 reitera o meu agradecemento ás persoas que vos achegades a esta xanela aberta ao mundo e, máis unha vez, vou realizar un novo sorteo de dous exemplares asinados do poemario intitulado Gameleiros (2002), con fotografías de Manuel Álvarez, en fermosa edición xa descatalogada por Xerais.
BASES
O sorteo é internacional. Poderán participar persoas de todo o mundo que teñan interese pola literatura en lingua galega.
Pregunta
Para participar cómpre dar axeitada resposta a unha sinxela pregunta. Antes recoméndasevos a lectura da que foi a derradeira anotación que escribín en 2015 para recibir o 2016.
Gameleiros é unha homenaxe con imaxes e versos a traballadores do mar d’A Guarda que se nomean polos seus alcumes. A fotografía escollida é a única do libro que retrata a dúas persoas, Popi e Paco Cabrera.
Con que dous irmáns / irmaos míticos se comparan nos versos?
a) Hansel e Gretel.
b) Os Bolechas.
c) Cástor e Pólux.
d) Irmáns Grimm.
e) Caín e Abel.
f) Zipi e Zape.
g) Rómulo e Remo.
Resposta
As respostas deben enviarse como comentario na propia anotación do blogue crebas.gal,
nun chío coa palabra-chave ou hashtag #irmáns ou #irmaos
ou nunha mensaxe directa dirixida á conta de twitter @MiroVillar indicando un enderezo de contacto.
Premios
Dous exemplares asinados do poemario Gameleiros, con fotografías do guardés Manuel Álvarez, sorteados entre todas as respostas que atinen, que levará a sinatura do autor e unha agarimosa dedicatoria especial para a persoa que os gañadores ou as gañadoras sinalen.
Prazo
Desde hoxe mesmo até as 23:59 do 31 de xaneiro do 2016. Boa sorte!

Esta entrada foi publicada en Poesía, Premios. Garda a ligazón permanente.

6 respostas a #anotación1001 Sorteo de dous exemplares asinados do poemario Gameleiros (2002), con fotografías de Manuel Álvarez

  1. Pingback: As crebas » Os exemplares asinados do poemario Gameleiros, con fotografías de Manuel Álvarez, viaxan para Castroverde e Ferrolterra

  2. Ramón Vázquez di:

    Os irmáns míticos cos que se comparan Popi e Paco son: Cástor e Pólux

  3. dolores vazquez di:

    A resposta correcta é a c): Cástor e Polux. Sinto ter que confesar que tiven que recurrir a googlear para coñecer quen eran.
    Saúdos e sorte para todos os participantes.

  4. Violeta corujo di:

    Castor e Polux

  5. Igor Lugris di:

    Eu digo a c): Cástor e Pólux.
    Saudações!!!

  6. paideleo di:

    Pois eu poño Cástor e Pólux, por exemplo.
    Noraboa polo teu blogo que eu descoñecía totalmente. Ignorante que é un.
    E a seguir a conta.

Os comentarios están pechados.