
Aira Editorial reedita Do amor salgado, de Modesto Fraga
Ligazón a QUE PASA NA COSTA
Redacción
O libro de poemas de Modesto Fraga, “Do amor salgado”, publicado orixinariamente en 1997, vén de ser reeditado por Aira Editorial na súa colección Varilongo, dirixida polo escritor Luis González Tosar e a Fundación Ínsua dos Poetas.
Esta nova edición, revisada e aumentada con dez poemas inéditos do autor fisterrán, inclúe varias fotografías de Juanma Abelleira inspiradas na paisaxe mariña fisterrá.
O libro conta, ademais, con dous paratextos da autoría de Miro Villar: o “Prólogo da Primeira Edición” e unha “Coda para unha (re)lectura case tres décadas despois”.
BREVE SINOPSE
Do amor salgado, cando se publicou a súa primeira edición no ano 1997, converteuse nun referente da nova poesía que estaba a escribir unha nova xeración, a dos 90, que rápido se consolidou nas letras contemporáneas. O seu autor, que formou parte do mítico Batallón Literario da Costa da Morte, desenvolve neste libro unha lírica apegada ao territorio e ao idioma, rigoroso na tradición métrica e ambicioso na busca da excelencia literaria.
“Velaquí pois o forte vínculo sensitivo que nos ofrece Modesto Fraga entre os corpos amados e a paisaxe mariña fisterrá”. MIRO VILLAR

Modesto Fraga e Miro Villar na presentación de Do amor salgado. Cee, maio de 1997
Ligazón a LA VOZ DE GALICIA, EDICIÓN CARBALLO
Modesto Fraga reedita «Do amor salgado», o seu poemario publicado no 1997
La Voz CARBALLO / LA VOZ
Nesta edición incorporou dez poemas inéditos, así como fotografías de Juanma Abelleira
23 nov 2025
Do amor salgado, poemario publicado por Modesto Fraga aló polo 1997, vén de ser reeditado por Aira Editorial ao abeiro da súa colección Varilongo, que está dirixida polo escritor Luis González Tosar e a Fundación Ínsua dos Poetas.
Esta nova edición, explica o propio Modesto, foi revisada e aumentada con dez poemas inéditos e fotografías inspiradas na paisaxe mariñeira fisterrá que son obra de Juanma Abelleira. Así mesmo, o volume conta con dous paratextos de Miro Villar: «Prólogo da primeira edición» e unha «Coda para unha (re)lectura case tres décadas despois».