Adeus (sentido) a Urbano Tavares Rodrigues


(Fonte: www.queselixeatroika.net)
Entre as miñas lecturas da literatura portuguesa hai anos que está a escrita de Urbano Tavares Rodrigues. Da súa inmensa obra tan só coñezo algún títulos de narrativa e de poesía, mais cultivou todos os xéneros e o seu primeiro título publicado foi un libriño de literatura de viaxes intitulado Santiago de Compostela (1949).
Sendo un dos meus autores portugueses de referencia, a nova do seu pasamento hoxe en Lisboa, aos 89 anos, déixame afectado. Nesta anotación de urxencia quero lembrar a súa persoa coa reprodución dun video gravado pola plataforma cidadá Que se lixe a troika, na que a súa voz (xa nesa altura moi feble) chamaba a participar na mobilización e manifestación contra troika e a austeridade que tivo lugar o pasado dia 2 de marzo nas principais cidades portuguesas.
Recollo de urxencia tamén ligazóns ás primeiras novas da súa norte (premer nos títulos):
Diário de Notícias
Público
RTP
Tamén o diário Público lembra un documentario de Possidónio Cachapa sobre Urbano Tavares Rodrigues. Alén diso, velaí as palabras do escritor José Luis Peixoto ou José Jorge Letria; a necrolóxica no dixital Esquerda.net, do Bloco de Esquerda, malia Tavares Rodrigues ser histórico militante do PCP, así como as palabras do director do voceiro deste Partido, José Casanavo, o Avante!
Son algúns dos primeiros testemuños na súa memoria. Que a Terra che sexa leve, meu camarada das palabras!!!

Esta entrada foi publicada en Cinema, Ensaio, Memoria Literaria, Narrativa, Poesía. Garda a ligazón permanente.