Achega ao Libro do Mal Amor. Haikus contra a Violencia de Xénero

HaikuViolencia
(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
A profesora Gracia Santorum, creadora do imprescindible blogue Trafegando ronseis (do que tanto aprendemos) é tamén un inesgotable manancial de ideas. A última, na que se involucra tamén o seu alumnado, é a creación dun proxecto artístico e literario denominado Libro do Mal Amor. Haikus contra a Violencia de Xénero.
Na súa bitácora e tamén no blogue da biblioteca escolar do IES Laxeiro xa se poden atopar as dúas primeiras entregas aquí e acolá. Na primeira figuran textos de Chus Pato, Antonio García Teijeiro, María Canosa, Lucía Aldao e Carlos Negro, con haikus ilustrados por Mar García e Aránzazu Diñeiro. E na segunda entrega, testos de Ana Mª Fernández, Juan Carlos Martín Ramos, Concha Blanco e eu propio, tamén sobre imaxes mesmas ilustradoras. O proxecto aínda está en obras.
E velaquí o meu haiku, que figura na imaxe.
HAI-DOR
Golpes de gorxa
as palabras que feren:
morte de Amor.

Esta entrada foi publicada en Arte, Manifestos, Poesía. Garda a ligazón permanente.