Grial, Revista Galega de Cultura, 207 (xullo, agosto, setembro do 2015), que xa anda desde hai uns días polas librarías e que tamén se pode adquirir en edición dixital desde a propia páxina da Editorial Galaxia, dedica o corpo deste último volume á publicación de varios artigos e documentos baixo o título común «Construír Galicia. No centenario de Xaime Isla Couto».
No último artigo da serie, o profesor de Filosofía e Antropoloxía Social da USC, Xosé Luís Pastoriza Rozas, que coordinou esta sección, exhuma «Dous documentos de Xaime Isla», e nós imos referenciar o primeiro por se centrar nunha visita do Seminario de Estudos Galegos á zona sur da Costa da Morte.
Pastoriza Rozas escribe como preámbulo: «Na primeira quincena de xullo de 1936, Xaime Isla participa como alumno bolseiro do Seminario de Estudos Galegos na xeira de Fisterra, encadrado na sección de Xeografía dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Os días 9, 10 e 15 de xullo El Pueblo Gallego de Vigo publica tres das catro crónicas enviadas desde a Costa da Morte por un Xaime Isla que se define como un “pioneer” do xornalismo. O golpe de estado do 18 de xullo sorprende o equipo do Seminario en Fisterra, onde a intervención do crego do grupo, Xesús Carro, evita que un grupo de falanxistas tome medidas de forza contra eles. Por mor do levantamento militar, unha cuarta crónica enviada a Vigo ficaría sen publicar e perdida para sempre. A partir de agosto El Pueblo Gallego converterase no diario da Falanxe de Vigo».
Pastoriza Rozas recupera esa inédita crónica de Xaime Isla Couto co título «O Seminario de Estudos Galegos en Fisterra», que ocupa seis páxinas do Grial, 207. O autor principia por detallar quen fai parte da expedición, entre os que están á fronte Otero Pedrayo, presidente da entidade, coa súa sección de Xeografía; Parga Pondal á fronte da Xeoquímica; Xesús Carro e Filgueira Valverde na de Arte e Arqueoloxía; Vicente Risco na de Etnografía e Folklore ou Luís Iglesias, na de Ciencias, entre outros membros do SEG, que enchen o ómnibus tamén con numeroso material para o estudo e a investigación.
A viaxe atravesa as terras de Negreira, Barcala e A Baña, antes de entar en Terras de Zas e de Soneiras (sic), no que eles denominan terra de Xallas. A primeira estación vai ser a ponte Arantón e a Arca de Ougas (sic, por Arca de Ogas), pois «Eiquí -ergueito castro de forteza racial- está o repouso eterno de Breogán, conductor dos pobos célticos». Fan pausa en Vimianzo para poñer ritmo no apetito e pola noite chegan a Cee, hospedándose no «Nuevo H. París», hoxe desaparecido.
A primeira xornada é unha saída a Fisterra, onde os equipos de cada sección se poñen a traballar en cadansúa investigación, que Xaime Isla Couto describe case ao miúdo. E conta tamén a visita que lle fan ao erudito local, o médico Esmorís Recamán, que os acompaña até o val de Duio («Duyo, a Babilonia galega»), percorrendo os lugares, Denle, Escaselas…, e falando de Duguin (sic, por Duggium), cidade prehistórica asolagada, ao que seguirá un xantar campestre fronte ás batentes do océano. E regresan ao Gran Hotel París, sinala Isla Couto con retranca, de Cee a cearen e a descansaren, alén de transcribiren apuntamentos da xornada de estudo.
Ao día seguinte visitan A Pereiriña, tiran fotos, filman películas documentais e entrevistan a dúas mulleres moi velliñas, antes de viaxaren cara á ría de Lires e o río Castro, tomando o café na casa do señor Vinagre, o cura da parroquia.
Até aquí o documento está en galego e a derradeira páxina está en castelán, principiando por relatar unha «Exploración del monte Pindo»:
«Mientras que los miembros de la sección de Psicotecnia trabajaban en las escuelas de Ameixenda y Brens, los miembros de las demás secciones escalaron el Monte Pindo. Los resultados de esta difícil exploración no fueron tan completos como sería de esperar porque el temporal del miércoles sorprendió a los miembros del Seminario en los picos de Penafiel y les obligó a suspender sus trabajos. Sin embargo, la exploración ha tenido un gran interés y el monte Pindo justificaría hoy por sí solo una campaña de investigaciones».
Novamente regresan a Cee e son agasallados cun concerto da Coral Polifónica no «magnífico colegio de la Fundación Blanco (sic, por Fernando Blanco)».
A mañá do xoves dedicárona integramente á vila de Corcubión e á tarde, pasando por Dumbría visitaron o pazo de Berdeogas e o Castrelo de Villaseco (sic, por Vilaseco), para logo de se deter en San Isidro de Quintán (sic, por Quintáns) antes de seguir cara a Muxía, por Ozón e Moraime, cuxas igrexas tamén son estudadas: «Moraime, tan lleno de problemas, y tan necesitado de que una restauración lo incorpore al número de los monumentos gallegos que han sido devueltos en estos últimos tiempos a todo su esplendor primitivo».
Fan noite en Muxía e ao día seguinte rematan a xeira nos momumentos da vila e no santuario da Barca «la piedra ‘abaló’ aquel día», na igrexa parroquial e, xa de volta, novamente en Moraime.
Até aquí a deliciosa crónica inédita que Xaime Isla Couto realizou da xeira do Seminario de Estudos Galegos en 1936 á comarca de Fisterra.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Os artigos literarios de Baldomero Cores Trasmonte no diario vespertino La Noche», en Grial 243
- Lectura no Pico Sacro do poema “Apuntamentos para unha «Alba de Groria»” no Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Novembro 2024 (1)
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta