A Xanela. Revista cultural das Mariñas reseña Breizh


(A Xanela, portada no número 35)
A Xanela. Revista cultural das Mariñas, que se edita Betanzos, presentou o seu número 35, da primavera do 2013. Nesta ligazón aparecen varios videos do acto de presentación.
Este numero da publicación da A. C. Eiravella de Betanzos, que coordina o noso benquerido amigo o historiador Xesús Torres Regueiro, está adicado ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, que ocupa seis páxinas. De resto, a revista complétase coas habituais colaboracións poéticas galegas e portuguesas (entre elas desta volta un poema de João Rasteiro, o noso poeta amigo de Coimbra) e artigos sobre etnografía, historia, música..
No apartado intitulado «Publicacións. As novas que nos chegan», Suso Torres, baixo o pseudónimo de Baraxeiro, saúda a aparición de varios libros. E, como adoito, tamén dá conta do noso labor literario (algo que agradecemos máis unha vez). Desta volta, a breve recensión ocúpase do meu poemario Breizh (Toxosoutos, 2012) como se pode ler na reproducción que vai ao remate.
E coma sempre, reiteramos os nosos parabéns á A. C. Eiravella de Betanzos, por manteren esta vitalidade en tempos tan duros para a nosa cultura e a nosa lingua.
(Premer na imaxe para unha mellor lectura)

Esta entrada foi publicada en Estudos literarios, Historia, Humor, Música, Narrativa, Poesía, Presentacións, Recensións, Teatro, Tradicións. Garda a ligazón permanente.