(Na foto de Xesús Búa, para La Voz de Galicia, de esquerda a dereita, o escritor Rivadulla Corcón, eu, o alcalde de Muxía no uso da palabra, a concelleira de Cee e deputada provincial Zaira Rodríguez e o poeta Alexandre Nerium. Premer na imaxe para agrandar o tamaño).
Tamén demos conta aquí nesta bitácora da presentación do meu poemario As crebas o pasado 19 de agosto na fermosa praciña do Cabo da Vila, de Muxía, que xa dixemos que estivera moi concorrida malia a fresca da tardiña que se foi convertendo en friaxe nocturna pouco a pouco e coa presenza de amigas e amigos, algún deles magníficos representantes do mundo da cultura na Costa da Morte. Daquela abriu o acto o alcalde do Concello de Muxía e presidente da Fundación Gonzalo López Abente, Félix Porto Serantes e continuou Zaira Rodríguez Pérez, concelleira de Cee, que asistía en nome da Deputación Provincial, un dos patronos da Fundación. Deseguida o escritor muxián e vicepresidente da entidade, Xosé Henrique Rivadulla Corcón realizou unha análise detallada do libro e pechou o poeta fisterrán Alexandre Nerium antes da miña propia lectura de poemas, na que me acompañaron os poetas da Costa da Morte Rosalía Fernández Rial, Modesto Fraga e Xaime Trillo. Pois ben, quedara pendente a promesa de reproducirmos as palabras de Rivadulla Corcón. Velaquí:
A propósito do libro de poemas As crebas,
por X. H. Rivadulla Corcón
Un poeta cando escribe está tamén andando ás crebas, un poeta é sempre un crebeiro.
As crebas son eses obxectos que o mar trae ás costas, e que caeron dos barcos, ou incluso restos de naufraxios. Obxectos útiles, que poden servir para quen os atope. Na maioría dos casos as crebas son madeiras que caen dos mercantes que as transportan. Na nosa costa, sobre todo cara á banda de Fisterra, as crebas foron un importante complemento para a economía da familia mariñeira. E o feito de andar pola costa, nas praias e nos coídos buscando o que trae o mar chámase andar ás crebas, e quen isto fai é un crebeiro.
Miro Villar preséntanos un libro de poemas que titula aludindo a este concepto: AS CREBAS. Construíndo un universo simbólico de máximo interese a partir do que é a creba e o crebeiro. No libro, Miro, utiliza a creba como símbolo do que é a vida: un constante andar ás crebas. Vivimos nunha medida grande do que o mar simbólico da vida nos trae á costa da nosa existencia, practicamente todo o que compón a nosa vida é unha creba, porque nós non imos elixindo con que elementos imos compoñendo a nosa vida, senón que imos construíndo a vida, da mellor maneira que nos é posible, con aquelo que a marea nos vai traendo, con aquelo que a vida nos vai ofrecendo. Este concepto é a idea central que imos a atopar neste libro: unha colección de poemas que falan das experiencias da vida e dos sentimentos que estas producen como se de crebas se tratasen. Presentando un interese máximo, ademais de pola propia calidade poética, polo que supón de utilización dos elementos propios da cultura da nosa costa, a Costa da Morte, para expresarse e mostrar a visión propia sobre a vida. É importante sinalar que a palabra creba é orixinal da Costa da Morte, e que se agora ten unha utilización máis estendida ao todo o territorio galego, isto é a partir da súa difusión dende a nosa comarca.
Dende o punto de vista simbólico as crebas teñen dous xeitos de verse: Pode verse dende a posición do crebeiro que atopa a creba, e por tanto de quen gaña algo, pero tamén pode verse dende a posición de quen posuía aquelo que agora é unha creba pero que foi un obxecto de uso para alguén que perde esa creba, unha posición totalmente oposta a do crebeiro, el gaña o que outro perde. A min a sensación que me produce o libro de Miro Villar é a de estar escrito non dende a posición do crebeiro, do que atopa a creba, senón dende a posición de quen a perde, e isto ao meu entender crea a sensación de estar percibindo a crónica de todo aquelo que se vai perdendo na vida, a crónica da historia vital de quen sendo barco a navegar no mar da vida, vai perdendo na navegación, no vivir, parte da súa valiosa carga, ou incluso a crónica do barco que naufraga e no naufraxio perde sentimentos moi valiosos na súa vida, que logo serán crebas nunha praia perdida, moi lonxe do propio home ou muller que xerou eses sentimento e que xa nunca poderá atopar. (Poema 12.AS PORTAS)
Estamos ante un libro moi amplo en canto ao que expresa, o concepto da creba é o concepto central e dende el o poeta trata diversas cuestións. Trátase, ao meu entender, tamén dun sutil e delicado libro de amor. Aprecio moito o sentimento de amor neste libro, expresado na clave xeral do poemario, no concepto da creba, pero dende a posición de quen perde a creba, insisto, que neste caso significa a perda do amor. E no que Miro nos conta aprecio un amor que se perde entre os dedos, como se se tratase dun amor en estado liquido, un amor que é mar e ao intentar collelo foxe entre os dedos, porque o mar non se pode apreixar coas mans, aínda que sempre nos queda nelas unha certa humidade, pero que tamén acaba por secar sen que o poidamos evitar. (Poema 10. ABRIL)
Outro aspecto a destacar de AS CREBAS de Miro Villar, está nunha serie de poemas de reivindicación da muller. Este aspecto do libro resúltame de especial interese, poemas onde Miro máis alá de reivindicar a condición feminina o que realmente fai é pedirlle á muller que a reivindique. No poema 14 MULLER CEIBA, pídelle á muller que se revele contra a obediencia a que as costumes tratan de obrigar á muller, e o mesmo sucede no poema 15 NON TE CHAMES PENÉLOPE, onde tamén Miro pide á muller que sexa protagonista da súa historia e non consinta, non se conforme, con que se lle asigne tan só un papel secundario, como fai Homero con Penélope na Odisea. E este xeito de abordar a cuestión feminina ou feminista resúltame realmente suxestiva e atractiva, e este feito creo que fará que o libro sexa especialmente celebrado polas lectoras, e loxicamente polos lectores con sensibilidade. E trátase, esta forma de abordar o feminino por Miro, de algo que tamén está enraizado nas nosas manifestacións culturais, porque aquí sabemos do importante papel da muller no mundo do mar, nunca como unha personaxe secundaria senón como unha personaxe central sobre o que recae toda a estrutura da comunidade mariñeira, sendo o piar que a sosten. Na Costa da Morte a muller é a que constrúe internamente a familia.
Estamos pois ante un libro importante para a literatura en lingua galega, e en especial para a literatura que se expresa a partir dos conceptos propios do universo cultural da Costa da Costa da Morte, e isto aquí na propia Costa da Morte ten que ser moi celebrado, porque todo aquelo que veña a enriquecernos a partir da nosa singularidade é un tesouro. Este libro está escrito dende o centro conceptual da cultura da Costa da Morte, e cando sae fóra, ao resto de Galiza, exporta a nosa forma de entender o mundo, e con el cúmprese a intención que expresou o intelectual Luís Seoane para a cultura galega, sendo aquí o mesmo para a cultura concreta da Costa da Morte: Só pretendemos enriquecer o mundo coa nosa singularidade.
E chegados ata aquí compre dicir que esta intención de Seoane, é algo que Miro está a facer dende hai ben de anos, co seu traballo de rescate e divulgación dos poetas da nosa costa, cos traballos que ten publicado de poetas como Paz Lestón ou Antón Zapata, e especialmente de Gonzalo López Abente, sendo Miro Villar unha figura esencial para que a memoria do grande poeta muxían siga viva, e aproveitamos para anunciar que en breve, antes de que finalice o ano, Miro vainos a agasallar coa edición dun poemario inédito de López Abente: Bretemada, que será editado conxuntamente por Editorial Alvarellos e a Fundación Gonzalo López Abente, en edición preparada por Miro Villar, con prologo do Presidente da Real Academia Galega, Méndez Ferrín.
E xa para acabar comentar que entre as notas que fun facendo ao pé dalgúns poemas deste libro, mentres as lia, ao pé do poema 17 O CICLO DA AUGA, anotei:
Que é o máis fermoso que un pode atopar nun libro cando o le? O desexo intimo de ser amigo do poeta.
Grazas Miro polo teu libro, o teu traballo de divulgación dos poetas da Costa da Morte, e a túa amizade. Dígoche que en Muxía tes moito amigos.
En Muxía a 19 de Agosto de 2011
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta