(Premer nas imaxes para agrandar o tamaño e obter unha mellor lectura)
Fágome eco das páxinas que ocupou a edición da Poesía completa de Gonzalo López Abente (Espiral Maior, 2012, en coedición coa Fundación López Abente) no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia o sábado 13 de xaneiro do 2014. Alén de ocupar a portada (imaxe superior), incluía o texto do xornalista Ángel Palmou intitulado «López Abente, rumbo ao norte» (segunda imaxe), con fotos de Xosé Manuel Casal ©, que fai unha lembranza do camiño de reivindicación e posta en valor do autor grazas ás iniciativas desenvolvidas pola Fundación Gonzalo López Abente dende a súa creación hai agora tres anos.
A terceira e cuarta imaxe testemuñan dous textos do crítico e profesor Ramón Nicolás, primeiro unha recensión baixo o epígrafe «Un acto de xustiza» e logo unha entrevista que me realizou na que o titular salienta estas miñas palabras «A primeira vez que se reivindicou a poesía do mar na literatura galega foi con López Abente». Estes dous textos tamén foron recollidos aquí e acolá no Caderno da crítica, a bitácora de Ramón Nicolás, con algún engadido ao material impreso no xornal. Desde aquí teño o pracer de os recuperar deseguida, alén de agradecer o seu interese por este dilatado traballo de compilación ao que consagrei moitas horas do meu tempo investigador e da miña vida. Velaí:
Poesía completa, de Gonzalo López Abente
Enviado o 13 Xaneiro 2014
Gonzalo López Abente
Poesía completa (edición de Miro Villar)
Espiral Maior-Fundación López Abente, A Coruña, 2012, 620 páxinas, 30 €
En maio de 2012 gocei da oportunidade de verificar o interese e agarimo que espertaba a figura de Gonzalo López Abente en Muxía, cando participei, xunto con Suso Sambade, Manuel Bragado e X. H. Rivadulla Corcón, no acto de presentación dun volume que recollía, mercé ao rigor despositado no proxecto polo profesor Sambade, as novelas de temática vinculada co mundo do mar que subscribiu Abente e que viron a luz baixo o título de Narrativa mariña. Pasado o tempo, e tras se celebrar hai uns meses o cincuenta aniversario do falecemento do autor, chega arestora o volume que compila a totalidade da poesía que, ao longo da súa vida, publicou Gonzalo López Abente no que considero unha das achegas, no ámbito da investigación e difusión da obra dun autor, máis salientables dos últimos tempos. Cómpre tamén salientar o papel que nestes proxectos vén desenvolvendo a Fundación que leva o nome do poeta: un intenso e incansable traballo que mantén aceso o facho da súa memoria e aposta decididamente pola divulgación da súa obra.
Teño para min que a escolla do editor do volume supón, sen dúbida, unha das mellores garantías para que un traballo desta índole chegue a bo porto. O profesor Miro Villar dedicou, malia súa xuventude, moitas horas ao labor de procura, esculca e interpretación do legado poético que, entre outros autores obxecto das súas investigacións, López Abente deixou en múltiples publicacións e non só en forma de libros. Deste interese xa naceron diversos traballos que testemuñan, por un lado, o innegable criterio de autoridade que ofrece o profesor Villar arredor da obra literaria de López Abente e, polo outro, a paixón depositada no obxectivo de facer saír á figura do poeta muxián do entorno local e proxectalo como unha das voces poéticas galegas máis salientables do seu tempo.
Esta Poesía completa, así pois, camiña con decisión e solvencia cara a ese horizonte que sitúa a abondosa obra dun poeta da época das Irmandades da Fala no seu xusto lugar. Optando por gardar fidelidade ás edicións testamentarias dos libros publicados en vida do autor ou aqueles que viron a luz pouco despois do seu falecemento, quen se achegue a este volume terá a oportunidade de ler, ou reler, os cinco libros que se editaron en vida do poeta –Escumas da ribeira, Alento da raza, D´outono, Nemancos e Centileos nas ondas-, mais outros tres editados postumamente –Bretemada, Decrúa e Monza de frores bravas para Nosa Señora da Barca-, alén dunha estimable achega que constitúen un grupo de composicións poéticas aparecidas en revistas e xornais, xunto con algúns inéditos e unhas breves poesías en castelán.
Recomendo vivamente esta edición pois cómpre non desaproveitar unha oportunidade para recoñecer a voz dun dos grandes poetas da nosa tradición, dono dun “clasicismo atlántico” como Risco o definiu. Parabéns pola iniciativa a todas as persoas e entidades que tiveron algunha responsabilidade no proxecto.
Esta recensión publicouse baixo o título de «Un acto de xustiza» no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, o 11 de xaneiro de 2013.
Miro Villar: «A primeira vez que se reivindicou a poesía do mar na literatura galega foi con López Abente»
Enviado o 13 Xaneiro 2014
Miro Villar é profesor, poeta, tradutor e crítico literario, ademais do editor literario de Poesía completa de Gonzalo López Abente.
-Que significa a súa obra para a literatura galega?
– Gonzalo López Abente é un dos poetas máis interesantes das primeiras décadas do século XX, con Cabanillas e Victoriano Taibo. Todos tres representan a poesía das Irmandades da Fala. Alén diso, Abente era moi valorado na súa época, por Antón Vilar Ponte ou por Vicente Risco que o definiu como «o noso mellor poeta do mar» e devecía polos seus sonetos de Do Outono (1924). De feito, Abente foi elexido en 1936 polos seus coetáneos para presidir a primeira Asociación de Escritores Galegos, outro proxecto fanado pola golpe fascista de 1936 e a guerra (in)civil.
– De onde naceu o seu interese polo autor?
– Hai ben anos. O antropólogo muxián Manuel Vilar dirixía a revista cultural Decrúa (1985-1986) e foi quen me deu a coñecer a poesía de Abente, da que me fixen devoto, e xa logo tamén a súa narrativa e o seu teatro. Anos despois o mesmo Manuel Vilar e o daquela alcalde Bautista Pose Paz fixéronme a encarga de realizar unha Antoloxía poética (Espiral Maior, 1992), que presentamos coa presenza do poeta Manuel María, quen nos descubriu a súa relación con Abente.
-Cal é a orixe desta Poesía completa?
– Constituída en 2010 a Fundación López Abente en Muxía, da que fun unha das persoas fundadoras, principiou a valorizarse a reedición da súa obra para o seu mellor coñecemento. De primeiras levei adiante a edición literaria de Bretemada (Alvarellos, 2011), poemario mecanoscrito inédito que se atopaba depositado na RAG e do que souben polo investigador Ernesto Vázquez Souza. E axiña a Fundación pediume que traballase na compilación da súa Poesía completa, labor ao que me entreguei decontado e que rematou nesta edición de máis de 600 páxinas, que xunta oito libros, textos inéditos e dispersos e a súa breve poesía en castelán, pois Abente foi por vontade propia un poeta monolingüe.
-Que particularidades encerra este proxecto?
– Moitas, mais o maior atranco está no feito de que Abente enviou textos a ducias e ducias de publicacións galegas, da península (tamén Portugal) ou da diáspora galega, nomeadamente a Cuba e a Arxentina. Moitas destas publicacións non se conservan completas ou estaban en moi mal estado cando as consultei, algo que mellorou neste últimos tempos coa dixitalización dos fondos. Porén, é posible que apareza aínda algún texto non compilado. Ora ben, pouco engadiría ao seu corpus poético, definitivamente establecido. Tamén é salientar que nunha vida literaria de case 70 anos o autor camiña á par do proceso de estandarización da nosa lingua, iso implica moitas variantes, polo que optei pola edición testamentaria, a última en vida do autor ou fixada nun libro.
– Risco cualificou o autor muxián como “poeta do mar”: un xuízo acaído ou reducionista?
– Todas as etiquetaxes son reducionistas sempre, porén Risco estivo moi asisado no seu xuízo, xa que era a primeira vez que se reivindicaba a poesía do mar na nosa literatura, que vivía de costas á costa, nunca mellor dito. Manuel Antonio na preguerra e Avilés de Taramancos ou Bernardino Graña na posguerra incorporaron de cheo a lírica do mar ás nosas letras. Para min, Abente é sobre todo o poeta de Nemancos, topónimo en desuso que representa a zona sur da Costa da Morte. Por certo, o propio Abente nunca utilizou esta última denominación, non lle gustaba nada e nos seus poemas sempre fala de «costa brava». O xornalismo fixo triunfar o topónimo que hoxe nos define.
-Quedan aínda facetas de López Abente que rescatar? Penso na peza teatral María Rosa, de sorprendente orientación feminista…
– Niso anda a Fundación López Abente. O seu vicepresidente, o poeta Rivadulla Corcón, anda a xestionar a recuperación literaria desa peza e tamén a posibilidade de a representar, case un século despois da súa estrea nas táboas.
– O labor desenvolto pola Fundación que leva o nome do poeta é crucial no espallamento da súa obra. Perfílase algún novo proxecto?
– Xan Fernández Carrera vén de rematar unha “Unidade Didáctica”, dirixida aos estudantes de primaria e secundaria. E están eses proxectos de recuperar o seu teatro e tamén a súa novelística, pois a súa narrativa breve xa foi compilada por Xesús Sambade en Xerais. E na cabeza do patronato da Fundación, do que non fago parte, buligan moitas outras propostas.
Esta entrevista publicouse nas páxinas do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, o 11 de xaneiro de 2014. Engádese unha pregunta e mais unha resposta que, por cuestión de espazo, non puido aparecer na edición impresa.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
- «Pondal, Martelo e López Abente subiron de novo aos Penedos», a crónica de Xela Cid do roteiro literario polos Penedos de Pasarela e Traba organizado polo Semescom
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta