A pantasma da casa da Matanza xa nas principais librarías




(Reprodución das primeiras páxinas do libro. Premer nas imaxes para agrandar o tamaño e posibilitar unha mellor lectura)
Xa anda polas principais librarías do País o conto rimado da miña autoría A pantasma da casa da Matanza (Biblos), con magníficas e suxestivas ilustracións de Xosé Cobas. Unha novidade que xa adiantaba o número 65 da Revista Galega de Información Literaria (velaquí en pdf  Biblos65) de Biblos Clube de Lectura, iniciativa de promoción e venda por catálogo ou na rede da literatura galega e portuguesa e da música e do cinema de nós que xurdiu da man de Carmela González, como directora, e do escritor Tucho Calvo, como director literario.
Como xa contamos aquí, trátase dun texto agora revisado, ao se converter nunha edición singular na que sobrancean as ilustracións de Xosé Cobas. Antes tivera unha primeira edición non venal da man da Fundación Rosalía de Castro nun volume colectivo intitulado Quen casa ten de seu, que se rematou de imprimir o 24 de febreiro do 2009, día do 172 aniversario do nacemento da Poeta, cuxas primeiras estrofas reproducín nesta anotación da bitácora.

Esta entrada foi publicada en Contos, Infantil, Narrativa, Poesía, Presentacións. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a A pantasma da casa da Matanza xa nas principais librarías

  1. Alfredo Pérez Alencart di:

    Querido poeta: ya me gustaría poder estar en Betanzos para este ‘bautizo’ de tu nuevo prosema, tan poéticamente ilustrado por Cobas.
    Pero bien me sabes en la pétrea Salamanca, felizmente atado a mis dilectos fantasmas: frayluisito y Don Miguel.
    Todo lo mejor para esta exquisita creación y para lo por venir.
    Alfredo

Os comentarios están pechados.