A pantasma da casa da Matanza, presentación na libraría Biblos de Betanzos



(Reprodución da capa do libro e do convite ao acto. Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
Mañá mércores, 18 de decembro, ás 20 horas, na libraría Biblos de Betanzos (na cidade vella: Rúa de Santiago, 4) vai ter lugar a presentación ou lanzamento do meu novo conto rimado A pantasma da casa da Matanza (Biblos), con magníficas e suxestivas ilustracións de Xosé Cobas. Unha novidade que xa adiantaba o número 65 da Revista Galega de Información Literaria (velaquí en pdf  Biblos 65) de Biblos Clube de Lectura, iniciativa de promoción e venda por catálogo ou na rede da literatura galega e portuguesa e da música e do cinema de nós que xurdiu da man de Carmela González, como directora, e do escritor Tucho Calvo, como director literario.
Todos tres, Tucho Calvo, Xosé Cobas e mais eu, estaremos encantados de que nos fagades compaña nesta celebración literaria.

Esta entrada foi publicada en Arte, Contos, Infantil, Narrativa, Poesía, Presentacións. Garda a ligazón permanente.