A pantasma da casa da Matanza, presentación na libraría Á lus do candil (Arteixo) este vindeiro venres 7 de marzo ás oito da tardiña



(Reprodución da capa do libro e do convite ao acto. Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
Este venres, día 7 de marzo, ás oito da tardiña, a libraría Á lus do candil (Arteixo), do amigo poeta fisterrán Modesto Fraga e a súa compañeira Alba Rodríguez, vai acoller a segunda presentación ou lanzamento do meu conto rimado A pantasma da casa da Matanza (Biblos), con magníficas e suxestivas ilustracións de Xosé Cobas. Canda nós, autor e ilustrador, estará tamén o escritor Tucho Calvo, como director literario de Biblos. Todos tres estaremos encantados de que nos fagades compaña nesta celebración literaria.
A libraría que en Arteixo dinamizan o poeta fisterrán Modesto Fraga e a súa compañeira Alba Rodríguez, xa fixo unha boa publicidade deste libro no seu blogue de Á lus do candil, como lembrei nesta anotación, e que coma sempre moito estimo e agradezo.

Esta entrada foi publicada en Contos, Infantil, Narrativa, Poesía, Presentacións. Garda a ligazón permanente.