A pantasma da casa da Matanza, nunha entrevista no Diario Cultural da Radio Galega


(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Entre as tres e as catro da tarde emítese o Diario Cultural, que dirixe a poeta Ana Romaní na Radio Galega, que adoito escoitar moitas tardes aínda que por razóns laborais non o podo facer todos os días. Na edición de onte, mércores 18 de decembro, o programa incluíu na súa emisión unha entrevista que me realizou a redactora e poeta Xiana Arias para falarmos sobre a novidade do meu conto rimado A pantasma da casa da Matanza (Biblos).
De facerdes uso da «radio á carta» é posible escoitar os «podcast» de todos os programas aquí e o programa de onte nesta ligazón.
A entrevista, coa declamación previa das primeiras estrofas na voz dun actor (que non recoñezo), vai do minuto 37:15 ao 41:30, aproximadamente, aínda que, como fago sempre, recoméndovos a escoita da totalidade deste programa cultural, que é unha illa fermosa e necesario no océano das ondas.

Esta entrada foi publicada en Arte, Contos, Entrevistas, Infantil, Narrativa, Poesía, Radio. Garda a ligazón permanente.