A pantasma da casa da Matanza no «Taboleiro do libro galego» (XVIII)


(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
O profesor e crítico literario Ramón Nicolás vén de publicar na súa bitácora Caderno da crítica no derradeiro día do 2013 a que vén ser tamén a derradeira entrega neste ano do «Taboleiro do libro galego» que recolle, segundo os datos obtidos dalgunhas librarías galegas, as novidades editoriais máis vendidas en lingua galega ao longo do mes decembro.
Unha consulta que o crítico realiza entre dez librarías moi representativas: Biblos, Casa do Libro de Vigo, Torga, Couceiro, Andel, Aira das LetrasPedreira, Á lus do candilCarricanta e Libros para Soñar.
O taboleiro inclúe os libros galegos máis vendidos na última quincena e que, por operatividade, se clasifican por xéneros: NARRATIVA, POESÍA, ENSAIO-TEATRO, INFANTIL-XUVENIL, ÁLBUM ILUSTRADO, BANDA DESEÑADA e OUTROS.
E por vez primeira aparece na nova entrega do «Taboleiro do libro galego» (XVIII), que vai do 1 ao 30 de decembro, na sección de Álbum ilustrado, o meu conto rimado A pantasma da casa da Matanza (Biblos, 2013), con ilustracións de Xosé Cobas.
A listaxe está conformada por outros catro títulos. Velaí:
1º-. Pan de millo, de Migallas, ilustracións de Dani Padrón, Kalandraka.
2º-. Toc Toc, de Pablo Díaz, ilustracións de Nuria Díaz, Galaxia.
3º-. A pantasma da casa da Matanza, de Miro Villar, ilustracións de Xosé Cobas, Biblos.
4º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, ilustracións de Leandro Lamas, Fol Música.
5º-. Os bolechas fan unha banda, de Pepe Carreiro.

Esta entrada foi publicada en Arte, Contos, Infantil, Narrativa, Poesía. Garda a ligazón permanente.