A pantasma da casa da Matanza, na campaña de nadal da Libraría Couceiro (na compostelá Praza do Pan)



(Fotografía dunha das adicatorias e sinaturas tirada con dispositivo móbil e antes unha captura de pantalla da publicidade realizada pola Libraría Couceiro. Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
Os amigos María e Pablo, da compostelá Libraría Couceiro (na vella Praza do Pan, agora de Cervantes) convidáronme a facer parte da súa campaña de nadal, na que convidaron a varios autores e autoras de nós con novidades literarias a asinar un feixe de exemplares para a súa venda nestas datas.
Pola miña banda deixei dez exemplares asinados do meu conto rimado A pantasma da casa da Matanza (Biblos), como o que se pode ollar na imaxe. Unha feliz iniciativa para promocionar a lingua e a literatura da nosa milenaria Nación.

Esta entrada foi publicada en Contos, Infantil, Narrativa, Poesía, Presentacións. Garda a ligazón permanente.