A nosa solidariedade con Erri de Luca, escritor italiano procesado pola súa oposición ao TAV Lyon-Torino

ErrideLuca0
(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Recoñezo que o meu coñecemento da ampla obra literaria de Erri de Luca é escaso e redúcese á lectura da súa única obra traducida á nosa lingua, Montedidio, no catálogo de Rinoceronte editora, en tradución de María Cristina González Piñeiro, e tamén dalgún dos seus poemas incluídos en antoloxías.
Aínda así e mesmo aínda que non fose lector da súa obra, expresaría a miña solidariedade con Erri de Luca que vén de ser procesado pola súa oposición ao TAV Lyon-Torino. Os seus artigos e as súas anotacións nas redes sociais (facebook, twitter…) nos últimos tempos testemuñan a súa manifesta oposición á construción e ao trazado dunha monumental obra ferroviaria que vai unir a cidade francesa de Lyon e a italiana de Torino estragando a fermosa paisaxe do Val di Susa.
Erri de Luca, antigo militante da organización esquerdista Lotta Continua, como informa a páxina web da plataforma NoTav, está agora acusado de instigación a delinquir, porque nunha declaración a un xornal italiano pronunciou a frase “la Tav va sabotata perché nociva e inutile”, que o fiscal considera unha chamada a realizar e xustificar sabotaxes violentas.
Todo o noso apoio e a nosa soliedariedade con Errio de Luca!
(Unha anotación do seu facebook)
ErrideLuca1
(E outra anotación do seu twitter. Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
ErriodiLuca2

Esta entrada foi publicada en Manifestos, Narrativa, Poesía. Garda a ligazón permanente.