A nosa é unha lingua minoritaria?


A finais do curso anterior chegoume a nova deste video, de pouco máis de dous minutos, que é unha excelente reflexión para dar respostas á pregunta de se falamos unha lingua minoritaria. Alén diso resulta útil para os que traballamos no ensino secundario, pola brevidade na que se condensa a mensaxe de que o galego é útil para estarmos no mundo. Os nosos parabéns pois aos seus autores. Está realizado por Manuel Bermúdez Blanco e por Manuel Núñez Singala, do Servizo de Normalización Lingüística da USC. Este último leva publicados varios libros interesantes sobre a cuestión da lingua, aínda que no pasado curso levámolo a Fisterra para conversar da súa exitosa obra de teatro O achado do castro co alumnado do primeiro ciclo da ESO e para lle explicar ao do segundo ciclo as características da escrita dramatúrxica.

Esta entrada foi publicada en Historia, Lingua, Teatro. Garda a ligazón permanente.