(Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
As persoas que temos devoción pola obra literaria do escritor muxián Gonzalo López Abente, mesmo facendo parte da súa Fundación, acollemos con gozo a celebración de calquera dos seus libros e dos artigos e textos que axuden na súa divulgación. Entre estes últimos orgúllome de reproducir deseguida o artigo «A narrativa mariña de Gonzalo López Abente» que o poeta e profesor Emilio Xosé Ínsua vén de publicar na súa sempre interesante e erudita bitácora denominada A ínsua do Ínsua, no que realiza unha profunda análise da compilación preparada polo profesor muxián Suso Sambade Soneira con ese título A narrativa mariña de Gonzalo López Abente (Biblioteca das Letras Galegas, Xerais, 2012), de cuxa presentación xa se falou aquí mesmo. E velaquí a recensión:
A narrativa mariña de Gonzalo López Abente
Da man da Biblioteca das Letras Galegas (nº 67) de Edicións Xerais, o amigo e profesor Suso Sambade Soneira ofreceunos en datas recentes unha moi oportuna edición conxunta de varias novelas curtas do escritor Gonzalo López Abente (Muxía, 1878-1963).
Produto do plan despregado no seu día polas Irmandades da Fala para consolidar o cultivo do xénero narrativo entre nós, estas noveliñas están caracterizadas por uns argumentos virados cara ao enredo sentimental e amoroso (por veces tráxico) e non carecen de episodios de crítica política e sociolóxica en chave galeguista, mais tamén é moi relevante nelas a presenza constante e determinante dos espazos e dos ambientes da beiramar fisterrá galega, o que lles outorga un carácter pioneiro indiscutíbel nese plano.
O noso escritor, que foi fillo dun capitán da mariña mercante e armador que fixo fortuna no comercio con América, residiu a maior parte da súa vida na Muxía natal, paisaxe que ha de aparecer unha e outra vez retratada con arroubo nos seus versos, en poemarios moi relevantes das letras galegas de preguerra como Escumas da ribeira, Alento da raza, D’Outono ou Nemancos.
As novelas que aparecen agora recompiladas participan desta devoción do escritor polo mar e polas súas ribeiras humanizadas, escenario das tramas argumentais que desprega.
O diputado por Beiramar (1919), dedicada a Antón Villar Ponte e gañadora dun certame convocado polo xornal A Nosa Terra no ano anterior, alberga un primeiro capítulo en que López Abente se adianta case unha década ao Risco de O porco de pé para ofrecernos un retrato cargado de ironía sobre os comportamentos e compromisos espúreos dos caciques e políticos da Restauración, recibidos na vila con ares de festa maior tan postizos como os seus propios discursos diante da plebe congregada.
Os restantes capítulos despregan unha historia de enredo sentimental, con notas eróticas explícitas que deberon resultar moi atrevidas, imaxinamos, no seu momento. O relato da excursión que celebran os protagonistas por vía marítima ata a fervenza do río Xallas, no Ézaro, cando aínda non fora privatizada nin entubada, é un dos episodios da novela que paga a pena ler con delectación.
O novo xuez (1922), que viu lume coa editora Céltiga que impulsou en Ferrol Xaime Quintanilla, colócanos diante do fanado intento dun maxistrado foráneo con destino nunha vila ribeirana galega, Don Desiderio, de abusar dunha moza palilleira, Mariquiriña, que ten noivo mariñeiro, Ramón. Este fachendoso Don Xoán do caldo á merenda topará finalmente coa tan solidaria como contundente resposta dos compañeiros de travesías do noivo.
Merecen destacarse nesta xeitosa e amena novela algúns episodios en que os homes do mar e os barcos cobran especial protagonismo: a descrición da taberna mariñeira do señor Manuel no capítulo III, a partida do balandro San Fins no capítulo IV, as panxoliñas que os nenos de familias mariñeiras pobres andan a cantar á porta na Noiteboa, no capítulo V ou, por último, o episodio resolutorio da trama, que ten como escenario unha témera furna mariña.
Buserana (1925) fixo parte da colección de narrativa da editora coruñesa Lar, de Ánxel Casal e Leandro Carré Alvarellos. Dividida nun prólogo e dez capítulos, céntrase nunha sorprendente historia de amor, coas lendas populares como pano de fondo, e encerra referencias a lugares moi emblemáticos da Costa da Morte: o cabo Vilán co novo faro xa inaugurado, a fervenza das Quebrantes, o santuario da Barca, a propia furna da Buserana… Tamén se fai evocación costumista da festa do San Xián (7 de xaneiro).
Fuxidos (Lar, 1926) é, tal vez, sen renunciar ao seu carácter de novela basicamente sentimental que xira sobre unha relación amorosa adúltera, a máis mariñeira de todas estas novelas de López Abente reunidas por Suso Sambade. O mar xoga un decisivo protagonismo no tráxico final da historia e os oito capítulos de que consta están salferidos de coidadas descricións da paisaxe muxián nun día de temporal, de alusións ás nordestadas, ao mar bravo, aos vaporiños e aos pobres pescos, así como dunha interesantísima recreación de ambiente durante a celebración do Entroido na vila.
Pecha o volume, un pouco á marxe e máis por razóns de oportuno rescate textual que de coherencia ou semellanza ambiental co resto das obras recompiladas, o relato “O escándalo”, que se editou no decenario A Nosa Terra en 1920.
Hai que dar os parabéns a Suso Sambade por esta edición que permite un acceso doado á obra narrativa de López Abente, un dos autores máis emblemáticos do tempo das Irmandades e unha das sinaturas que contribuíron coma poucas nese instante á consolidación da prosa galega.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta