(Cuberta do libro e imaxes da presentación, coa Biblioteca Municipal ateigada e coa mesa, onde fala Suso Sambade, a quen acompañan de esquerda a dereita, Manuel Bragado, Ramón Nicolás e Rivadulla Corcón. As fotografías son de Viki Rivadulla, secretaria da entidade. Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
Estivo abondo concorrido o importante acto literario organizado pola Fundación López Abente onte, día 26 de maio, na Biblioteca Municipal de Muxía. Sucedeu na presentación do volume A narrativa mariña, de Gonzalo López Abente, en edición literaria do profesor muxián Xesús Sambade e que se inclúe na prestixiosa colección Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais.
Desculpada a asistencia por motivos familiares de Félix Porto, alcalde de Muxía e presidente da Fundación López Abente, foi o vicepresidente X. H. Rivadulla Corcón quen pronunciou as palabras de benvida e saúda. Repasou máis unha vez os obxectivos da Fundación (da que fago parte), entre os que sobrancea o de reeditarmos a obra de Gonzalo López Abente e lembrou o compromiso do escritor muxián coa nosa lingua (velaí o seu monolingüismo na práctica totalidade da súa obra, agás o uso do castelán nalgúns, moi poucos, textos de menor entidade), coa paisaxe atlántica da Costa da Morte e coa muxiá en particular e tamén coa xente que habita este territorio. Tamén adiantou os próximos proxectos editoriais: unha guía didáctica para uso escolar, que está a ultimar Xan Fernández Carrera, e a obra poética completa na que eu ando enguedellado para bastante tempo.
Deseguida, Manuel Bragado, director de Edicións Xerais, sinalou como desde o seu proxecto editorial están a revalorizar a moitas autoras e autores que hoxe podemos considerar clásicos (nun excelente labor de recuperación, e este subliñado é noso) que é unha das varias liñas editoriais que conforman o catálogo deste selo xa histórico na literatura galega moderna. Ao tempo incardinou o labor editorial dentro dunha angueira que ten como norte a defensa da nosa lingua e da nosa cultura, coa mesma forza identitaria dos proxectos creados na época das Irmandades da Fala e logo de Nós, etapas nas que Gonzalo López Abente tivo moito protagonismo, malia vivir sempre en Muxía. Na bitácora brétemas, notas do traballo de edición do propio Manuel Bragado, xa se podía ler onte a súa crónica persoal.
Por parte, o profesor e crítico literario Ramón Nicolás, director da Biblioteca das Letras Galegas, lembrou a importancia desta colección, da que A narrativa mariña, de Gonzalo López Abente, fai o número 67, pois nela está publicada a obra case completa de autores fundamentais coma Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Ramón Cabanillas ou Celso Emilio Ferreiro, entre outros, e ao tempo serve para recuperar a obra doutros menos coñecidos ou divulgados coma o poeta Manuel Luís Acuña ou o narrador Manuel Lueiro Rey. Eu propio podo dar testemuño deste último obxectivo porque nesa mesma colección xa preparei as edicións literarias de Orballo da media noite, de Roberto Blanco Torres (1998); Indo para máis perto. A señardade no puño, de Xosé Alexandre Cribeiro (2004) e Poesía galega completa e textos en prosa, de Emilio Álvarez Blázquez (2005).
Xa logo, Ramón Nicolás dixo falar como crítico literario (colaborador de varias publicacións especializadas, de xornais e cunha moi interesante bitácora denominada cadernodacrítica) para situar a narrativa breve de Gonzalo López Abente no contexto da literatura galega de preguerra e lembrar a anécdota persoal de que en 1995, nun traballo sobre o tempo das Irmandades da Fala, elaborado para Hércules Ediciones, non lle sería doado atopar os títulos abentianos (non o é para ninguén) se non existisen os fondos históricos da viguesa Biblioteca da Fundación Penzol, que garda moitas xoias da nosa literatura, e que nese mesmo ano tamén se achegou á súa poesía
através da Antoloxía poética que preparei e que editou Espiral Maior.
O profesor muxián Xesús Sambade, editor literario e autor da excelente Introdución que acompaña A narrativa mariña, de Gonzalo López Abente, explicou na fala dialectal muxiá as razóns de reeditar estas cinco inencontrables novelas curtas do autor muxián: O diputado por Veiramar (1918); O escándalo (1920); O novo xuez (1922); Buserana (1925) e Fuxidos (1926), xustificando a escolla do título para o conxunto (que recolle unha proposta miña) pola ligazón que todas as obras teñen co ambiente mariñeiro, non só na descrición da paisaxe senón tamén no deseño dos seus personaxes protagónicos. Fixo un breve percorrido polo nó argumental de cada un dos textos e rematou convidando á súa lectura, nomeadamente pola xente de Muxía e mesmo de toda a Costa da Morte, xa que os ambientes e os personaxes teñen moito a ver coa nosa idiosincrasia.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Os artigos literarios de Baldomero Cores Trasmonte no diario vespertino La Noche», en Grial 243
- Lectura no Pico Sacro do poema “Apuntamentos para unha «Alba de Groria»” no Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Novembro 2024 (1)
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta
Pingback: As crebas » A narrativa mariña, de Gonzalo López Abente (edición de Suso Sambade) no programa «Zigzag Diario» da tvG2
Pingback: As crebas » A narrativa mariña, de Gonzalo López Abente (edición de Suso Sambade). Dúas recensións
Pingback: A narrativa mariña, de Gonzalo López Abente | Caderno da crítica
Pingback: As crebas » A narrativa mariña, de Gonzalo López Abente (edición de Suso Sambade). Outras crónicas da presentación
Pingback: Muxía, coa narrativa mariña de López Abente | Xerais
Pingback: Onte en Muxía, da man de López Abente | Caderno da crítica