A Fundación SM dispoñibiliza na rede o seu Anuario Iberoamericano sobre el Libro Infantil y Juvenil 2013


Máis unha vez, desde 2004, a Fundación SM vén de publicar e dispoñibilizar para todo o público en xeral o seu Anuario Iberoamericano sobre el Libro Infantil y Juvenil 2013, un total de 237 páxinas coas que se pretende ofrecer unha completa panorámica sobre e edición para este segmento etario. O volume afonda nas novidades literarias de varios países nos que a editorial ten presenza de seu: Arxentina, Brasil, Chile, Colombia e o Estado Español (pois en paridade coa literatura en castelán tamén inclúe unha información pormenorizada sobre as publicaciónes en catalán, éuscaro e galego), alén de ofrecer informacións estatísticas sobre a edición e a venda, temáticas ou os libros con máis suceso no mundo da literatura infanto-xuvenil.
Entre as páxinas 145 e 154 aparece a información referida á nosa literatura, que asinan Isabel Soto e Xavier Senín, baixo o título «Contra viento y marea» e cos seguintes apartados:
1. Agustín Fernández Paz, protagonista
2. Los premios del año
3. Otras citas
4. Álbum
5. Lecturas para preadolescentes: de 8 a 11 años
6. Lecturas para preadolescentes: de 8 a 11 años
7. Lecturas para adolescentes: de 12 a 14 años
8. Literatura juvenil
9. Teatro
10. Confiando en el futuro
No apartado segundo «Lecturas para preadolescentes: de 8 a 11 años», alén doutros títulos, faise referencia ao libro da miña autoría, Rebelión na charca (Sotelo Blanco, 2012); a outro do meu irmán Rafa VilarPatente de corso. Pequeno dicionario pirata (Edicións Embora, 2012) e aínda outro da tamén ceense María Canosa, Acuario (Edicións Embora, 2012). Velaquí o fragmento sinalado:

Esta entrada foi publicada en Infantil, Poesía. Garda a ligazón permanente.