Á Folga Xeral fomos máis de catro gatos…


(Foto de Maribel Serantes. Premer na imaxe para agrandar o felino)
Á Folga Xeral fomos máis de catro gatos, pois esta última imaxe foi a que queren transmitir o goberno e a patronal e toda a súa inmensa maquinaria de propaganda. Tanto é así, que até os propios gatos foron á folga. Velaquí unha imaxe de onte de Veli Evil Agamenón Fiodor Byron, na casa, para abreviar, Veli Evil, un dos amados gatos da miña amiga Maribel Serantes, quen me conta «que foi abandonado na horta, “sinpa”, agora si, xa ten papeis». Pois ben, o felino non só non quixo traballar nada, senón que se deitou a descansar logo de ler o libro Mil cousas poden pasar. Libro II, de Jacobo Fernández Serrano (Xerais, 2011).
E falando de gatos a min sempre me acorda aquel espléndido poema intitulado «O Bicho» do celebrado Manuel Bandeira (1886-1968), un dos mellores autores brasileiros de todas as épocas. Os versos foron escritos hai moitos anos, mais aínda son acaídos para estes tempos de crise e desarmamento ideolóxico da clase traballadora.
O Bicho
Vi ontem um bicho
Na imundície do pátio
Catando comida entre os detritos.
Quando achava alguma coisa,
Não examinava nem cheirava:
Engolia com voracidade.
O bicho não era um cão,
Não era um gato,
não era um rato.
O bicho, meu Deus, era um homem.
Manuel Bandeira
E de remate un video da máis numerosa das manifestacións da CIG, en Vigo.

Esta entrada foi publicada en Manifestos, Poesía. Garda a ligazón permanente.