A Folga (1924), de Sergei M. Eisenstein.


(A Folga. Título Orixinal: Stachka. Dirección: Sergei M. Eisenstein. País: URSS. Ano: 1924. 78′)
Levo uns trinta anos asistindo de maneira case initerrompida ás manifestacións do 1º de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, convocadas polo sindicalismo nacionalista, primeiro da INTG e nos últimos tempos da central CIG, a maioría delas na convocatoria de Compostela e tamén uns anos na de A Coruña, mais nunca ollei tanta xente a se mobilizar nesta xornada coma hoxe. Sucedeu en Compostela e tamén nas outras cidades ou vilas galegas onde se celebrou a manifestación.
Para celebrarmos o suceso das convocatorias, nada mellor que lembrarmos cinema obreirista coma o de Sergei M. Eisenstein e a súa célebre A Folga (1924), de 78′, cuxo resumo é o que segue:
«Os obreiros dunha importante empresa da rusa zarista están descontentos e decididos a iren á folga. O director da empresa comunícalle as súas sospeitas a altos funcionarios políticos e estes envíanlle os seus informadores. No entanto prodúcense xuntanzas conspirativas dos traballadores. A tensión dispárase cando un obreiro se suicida ao ser acusado inxustamente de roubo».

Esta entrada foi publicada en Cinema, Documental, Historia, Manifestos, Política. Garda a ligazón permanente.