(A fotografía da placa da igrexa de Zennor – Cornualles é da autoría de Xosé Mª Lema. Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
No verán de 2011 percorremos Cornualles (en córnico: Kernow [ˈkɛrnɔʊ]; en inglês: Cornwall; en portugués Cornualha), vella nación europea sen estado, co Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Semescom) da man sabia do antropólogo muxián Manuel Vilar, quen foi o noso guía pois xa tiña percorrido estas terras hai máis de dúas décadas. Desa estadía xa falamos con anterioridade en anotacións coma a intitulada «A identidade nacional córnica» (15 de setembro de 2011).
O historiador e académico correspondente Xosé María Lema Suárez, presidente do Semescom, entidade da que me honra ser asociado, vén de publicar no portal da Real Academia Galega un artigo intitulado «A experiencia do idioma córnico», no que relata a súa situación sociolingüística ao tempo que chama á reflexión sobre o estado do noso propio idioma. Pódese ler nesta ligazón, mais polo seu indubidable interese tamén o reproduzo deseguida.
«A experiencia do idioma córnico»
O idioma celta de Cornualles tivera un desenvolvemento normal e puido resistir a presión do inglés ata mediados do séc. XVI. Como consecuencia da ruptura do rei Henrique VIII co papa, que deu lugar ó nacemento da Igrexa Nacional de Inglaterra (o anglicanismo), impúxose pola forza a lectura da Biblia en inglés nas igrexas, en substitución do latín. En 1549, con Eduardo VI, imponse a Act of Uniformity (‘Acta de Uniformización’), xunto co Book of Common Prayer (‘Libro da Oración Común’), que supoñía o uso obrigatorio do inglés nos rezos e na liturxia da Igrexa Anglicana. Os córnicos chegaron a defender a súa lingua coas armas, pero serían derrotados e os ingleses iniciarían decontado a pacification of Cornwall, que lembra moito a “doma e castración” de Galicia polos Reis Católicos, anterior no tempo. Executáronse prisioneiros en masa e penduráronse da forca cregos e bispos rebeldes de Cornualles.
Ó contrario do galés, a outra lingua celta de Gran Bretaña, a Igrexa de Inglaterra non traduciría ó córnico nin o Libro da Oración Común nin a Biblia. A imposición do inglés acabaría triunfando en Cornualles pola brava, e o córnico foi caendo en picado en pouco máis dun século: contra o 1600 había uns vinte mil falantes, catorce mil en 1650 e tan só cinco mil en 1700. Mesmo se lle puxo unha data ó seu enterro: 1777, ano en que finou a súa última falante monolingüe coñecida, Dolly Pentreath, veciña da pequena mariñeira de Mousehole.
A placa de Zennor
O 25 de agosto de 2011 estabamos 50 excursionistas galegos de visita na igrexa da aldea de Zennor, na costa norte córnica, que no seu interior garda unha vella cadeira de madeira cunha serea esculpida (The Mermaid Chair, de 600 anos de antigüidade), da que se conta unha lenda moi semellante a dúas galegas: a da orixe da familia fidalga dos Mariño e a da furna da Buserana de Muxía.
Apegada a un dos muros exteriores desta igrexa, mirando ó cemiterio, hai unha sinxela placa de mármore escrita en inglés, que aproximadamente di o seguinte:
“Para honrar a memoria de JOHN DAVEY, de Boswednack desta freguesía (nado en St. Just en 1812, falecido en Bosdwednack en 1891), que foi a derradeira persoa que tivo un coñecemento notable da lingua córnica, e isto [grazas] a seu pai e instrutor JOHN DAVEY, de St. Just (nado en Boswednack en 1770, falecido en St. Just en 1844), matemático e mestre de escola moi coñecido; os dous xacen enterrados preto. Colocou esta lápida a Sociedade Cornualles Antigo de St. Ives. 1930.” [Como remate, dúas liñas en córnico].
Repárese en que non se nos di que os Davey falasen córnico, senón que tan só tiñan certo coñecemento desta lingua. Cando a estabamos ollando, un veciño da aldea interesouse pola nosa visita, e, ó dicirlle que eramos galegos o seu interese aumentou, pois deu a casualidade de que se trataba do Sr. Nigel Hicks, membro dun activo movemento que, con moito esforzo, está tratando de “resucitar” (sic) o seu idioma propio a partir de documentos antigos e aproveitando as analoxías estruturais co galés e co bretón, os seus parentes máis próximos. Díxonos con orgullo que en Cornualles xa había unhas 300 persoas (a poboación total anda polos 500.000 habitantes) que podían manter unha conversa fluída neste ancestral idioma, quizais o máis antigo de Inglaterra, da que Cornualles forma parte (aínda que aspiran a ser a quinta nation do Reino Unido).
Como se valora un ben cando xa se perdeu!
Os visitantes tivemos así o privilexio de escoitar unhas palabras en córnico dos beizos de Mr. Hicks, que ademais era membro do Comité Europeo para as linguas minorizadas. Nós correspondémoslle cuns versos de Rosalía. O señor Hicks envexaba a situación da nosa lingua, ben máis viva cá súa, desde logo, que no Euromosaic de 1996 ocupaba o derradeiro lugar dos 48 grupos lingüísticos da UE con só un punto dos 28 posibles (o galego ocupaba –polo menos nesa data de 1996- un aceptable 5º posto con 21 puntos). Por vergonza, non lle falamos das medidas desprotectoras e agresivas que no ano anterior o Goberno de Galicia acababa dispoñer contra o idioma propio da súa Comunidade. É de supoñer que non o daría entendido.
Como se valora un ben cando xa se perdeu!
A placa de Zennor fíxonos valorar o tesouro lingüístico que aínda temos e pensar que á maior parte dos galegos –mesmo ós castelanfalantes- non lles gustaría que nun futuro, próximo ou remoto, se colocase unha placa semellante nalgún lugar de Galicia, certificadora da nosa incapacidade para manter viva a nosa lingua milenaria. Non só sería unha gran tristeza, senón que simbolizaría o noso fracaso colectivo. Antes de marchar, alguén comentou en voz alta que ás nosas autoridades autonómicas si que lles prestaría moito presidir esta inauguración, con gaiteiros e foguetes. Nos cincuenta viaxeiros había xente de todas as ideoloxías, galegofalantes (a maior parte) e castelánfalantes; pois ninguén, nin un só dos presentes, fixo oír a súa voz para defender as polémicas disposicións (daquela recentes) do Goberno galego para coa lingua propia. Hoxe aínda non se rectificou nin parece que se vaia facer. Poderase disfrazar de mil maneiras, pero no que todo o mundo está de acordo é que por este camiño tan retorto iniciado pola Xunta nunca se dará chegado ás mil primaveras cunqueiranas. Nin ás cen tan sequera.
Xosé Mª Lema
Membro correspondente da Academia
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Os artigos literarios de Baldomero Cores Trasmonte no diario vespertino La Noche», en Grial 243
- Lectura no Pico Sacro do poema “Apuntamentos para unha «Alba de Groria»” no Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Novembro 2024 (1)
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta