A cobiza do verme Noel, na divertida ollada dunha aula de cinco anos da EEI Milladoiro

Unha das maiores satisfaccións, senón é a que máis, da creación literaria é ter o recoñecemento lector. Por iso agradoume moito atopar na rede, tanto en kizoa coma no seu propio blogue Xibarda, os debuxos feitos polo alumnado dunha aula de cinco anos da EEI Milladoiro (Ames), orientados pola súa profesora Begoña Turnes, quen me comunica nunha mensaxe:
«Para nós é un pracer ler todos os teus libros. Teño un alumnado moi bo oínte, todos os días dedicámoslle máis dunha hora a ler (e sempre teño que ser eu quen dá por rematada a sesión). Eu leo, eles e elas escoitan.
Temos lido todos os libros de “Carlota”, mirarei se fixeron debuxos, non me lembro.
(Este é o terceiro curso e o derradeiro).
As lecturas facémolas sen interrupcións, e sen amosar as ilustracións ata o final. E lembro a lectura A cobiza do verme Noel, ao remate pediron que volvera ler, fíxeno dúas veces máis, e ao rematar aplaudiron e riron co desenlace.
Estamos encantadas/os de que publiques tanto eles como as súas familias. Se nos mandas o enlace poderemos velo na aula e “medrar fachendosos/as “. Mañá, cando llo diga, seguro que queren contestarche.
(Se o fan, escribirán como saben segundo a súa etapa evolutiva, espero que o entendas).
Moitas grazas Miro. Mañá será un día especial cando lle diga que un ESCRITOR viu os seus debuxos. Un saúdo.»
E, en efecto, a rapazada da EEI Milladoiro (Ames) tamén me fixo chegar unha mensaxe chea de emoticonas que reproduzo en imaxe, ao tempo que lles dou as grazas pola lectura.
(Premer na imaxe para unha mellor lectura)

Esta entrada foi publicada en Banda deseñada, Contos, Humor, Infantil, Música, Poesía. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a A cobiza do verme Noel, na divertida ollada dunha aula de cinco anos da EEI Milladoiro

  1. Xibarda di:

    SOMOS DAMIÁN E ADRIÁN
    O TEU LIBRO E MOI BONITO
    NOS AGORA DEBUXAMOS MOITO MELLOR

Os comentarios están pechados.