«A antoloxía poética do Monte Pindo trae xa os seus versos do Olimpo», crónica de Ubaldo Cerqueiro no dixital Que pasa na Costa


Ubaldo Cerqueiro asina no dixital quepasanacosta a nova que dá conta de que xa está na rúa o volume Versos no Olimpo. O monte Pindo na poesía galega, que tiven a honra e o pracer de coordinar cabo de Francisco “Chisco” Fernández Naval. Velaquí a crónica, que tamén se pode ler nesta ligazón e tamén na páxina da Asociación Monte Pindo Parque Natural, onde reproducen a listaxe de subscritores/as que fixeron posible a publicación co seu apoio económico en financiamento colaborativo. Grazas e beizóns!!!
A antoloxía poética do Monte Pindo trae xa os seus versos do Olimpo
O proxecto da antoloxía poética do Monte Pindo, financiado coa axuda de máis de cen achegas individuais, entrou no prelo o pasado 21 de marzo, coincidindo co Día Mundial da Poesía. E hoxe, 1 de abril, por fin chegou ás mans da entidade organizadora, a Asociación Monte Pindo Parque Natural. Pronto estará nas casas dos mecenas, e pronto tamén poderanse mercar nas librarías e nas presentacións públicas que organicen, se ben podedes podedes poñervos en contacto coa AMPPN enviando un correo info@montepindo.org e facendo as vosas reservas, máis baratas que nas librarías.
O Libro, artellado entre Miro Villar e Chisco Fernández Naval, é publicado finalmente baixo o suxestivo título Versos no Olimpo. O monte Pindo na poesía galega, e foi editado por Editorial Toxosoutos e grazas ao financiamento a través da plataforma de crowfundind Goteo.org.
A obra recompila versos dun extensísimo e impresionante elenco de autores de todos os tempos, que sobresaen por un importante número de obras inéditas, consistente en 79 poemas de 56 autores desde 1861 ata os nosos días: Marilar Aleixandre, Fran Alonso, Francisco Añón, Carlos Arias, Pilar Beiro, Concha Blanco, Darío Xohán Cabana, Ramón Cabanillas, Francisco Castro, Xulio Cid Neira, José Alberte Corral Iglesias, Diego Cousillas, David Creus, Estevo Creus, Manuel Curros Enríquez, Marta Dacosta, Berta Dávila, Francisco María de la Iglesia, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Francisco Domínguez Romero, Francisco X. Fernández Naval, Rosalía Fernández Rial, Nieves García Centeno, Gonzalo López Abente, Evaristo Martelo Paumán, Xosé Luís Martínez Pereiro, Cruz Martínez Vilas, Rosanegra (Rosa Martínez Vilas), Anxo Mena, César Antonio Molina, Alexandre Nerium, Manuel Oliveira Gómez (Manolín), Lois Oreiro, Olga Patiño, Emma Pedreira, Xavier Queipo, Xavier Rábade Paredes, Baldo Ramos, Luis Rei Núñez, X. H. Rivadulla Corcón, Manuel Rivas, Xavier Rodríguez Baixeras, Arturo Romaní, Xabier Ron, Cesáreo Sánchez Iglesias, Isolda Santiago, José Antonio Santos, Xavier Seoane, Obdulia Seoane, Paco Souto, Manuel Suárez Sampedro, Miguel Vázquez Freire, Helena Villar, Miro Villar e Rafa Vilar.

Esta entrada foi publicada en Poesía, Presentacións, Roteiros. Garda a ligazón permanente.